Aurora e Aller, o derradeiro proxecto artístico do lalinense Benxamín Otero presentouse onte Museo Municipal cun notable éxito. Consiste nun vídeo de 12 minutos que busca ilustrar a través da música e tamén do relato un feito extraordinario que sucedeu en Lalín na noite do 25 ao 26 de xaneiro de 1938 e que foi documentado cientificamente por Ramón María Aller: a aparición dunha aurora boreal. No vídeo teñen cabida fragmentos do libro Astronomía a ollo ceibe do Ilustre lalinense e se amosan obxectos científicos, anotacións, debuxos, así como o seu observatorio.
–Que foi o que lle chamou a atención do feito de 1938 para querer levalo ao eido audiovisual?
–Era unha historia que facía tempo que me rondaba e que quería dalgunha maneira explorar e traballar. O ano pasado, a raiz das axudas que sacou o Fondo Xacobeo XXI, pois presentei o proxecto un pouco para ver si o collían ou non e parece que gustoulles. Esto permiteume cun pouco de orzamento facer algo atractivo. Foi un traballo intenso onde dediquei tempo e enerxías pero quedei moi contento co resultado e a ver que tal sae.
–A estrana aparición dunha aurora boreal ten que dar para moito á hora de crear, non si?
–Como che dicía, eu coñecía á historia e parecíame moi atractiva e curiosa. Tamén é certo que é un tema que a moitos nos facina, non? Cantas veces dixemos que oxalá viaxaramos a Islandia para ver a aurora boreal? E de repente, pois mira en Lalín viuse unha no ano 38 documentada por Don Ramón, que fixo un par de artigos para un dúas revistas científicas europeas, unha alemana e outra francesa. E claro, estaba a historia en plena guerra civil cunha aurora boreal. Pois, imaxínate o que puido ser. Algo que a priori nos parecería bonito pero no seu momento causa ese pánico e de como os veciños van a casa de Don Ramón Aller polo tema. Ahí xurde unha das miña dudas que me parecía preciosa. Foron a casa de Aller como científico ou como cura? Porque moitos falaban daquela de que era o fin do mundo. Que buscaban, a explicación científica ou a salvación divina, ou as dúas?
–Costou dar coa música que lle fora ben a este relato?
–Penso que a historia se adapta moi ben as músicas que eu fago, así máis ambientais e descriptivas, digamos. Por todos estes motivos foi moi atractivo tentar facer unha peza sobre este fenómeno. Teño pensado publicar hoxe (por onte) a peza xa no YouTube e a idea e que se vexa o máis posible, claro.
–Que fase do traballo de creación foi a máis agradecida?
–Hai que suliñar o grande traballo de toda a xente que fixo o vídeo, que foi espectacular porque se involucraron moito no proxecto. Tamén foi moi bonito afondar na historia. Date conta de que puiden localizar testemuñas actuais de xente que viveu ese momento ou localizar un texto de Neira Vilas que fai referencia a este fenómeno.
–Como foi o proceso compositivo sobre a figura de Aller para alguen nado e veciño de Lalín?
–Pois foi un proceso de investigación e de aprendizaxe. Digamos que no que estou facendo agora mesmo, que esta música de luz, este traballo supón dar un paso adiante porque tiven que investigar un pouquiño máis e abrirme un poquiño máis. Teño que recoñecer que estou moi contento co resultado final e espero que tamén lle gusta a todo o mundo, claro.
–Como lembra a xente de Lalín a aparición dunha aurora boreal?
–E curioso porque todos o lembran con motísimo pánico e con esa sensación de que abriríase o ceo e que viña o fin do mundo. Pero tamén contan que cando Don Ramón lles explica o que pasaba. Polo visto na misa falaba do tema e que a xente quedaba a ver o fenómeno e que era algo fermoso. O propio sacerdote e científico lles comentaba que non era perigroso.
–Ramón Aller foi un adiantado a súa época? Non pensa que aínda está pouco reivindicado?
–Por suposto. Date conta de que combinaba esa parte de científico importante coa súa faceta de humanista, de persoa que está cerca da xente, que lle fai ser unha persoa moi especial. A nivel Lalín, eu penso que é unha figura clave pero tamén a nivel galego. Ramón Aller é unha figura importante a nivel identitario e por suposto deberíamolo reivindicar todos.
–Traballa xa noutra cousa ou pensa afondar nesta peza?
–O certo e que esta obra é o xerme do que eu espero que sexa un espectáculo salientable nun futuro próximo. A verdade é que xa teño máis temas feitos para ampliar o proxecto e a idea un pouco é facer medrar isto para poder presentalo como espectáculo e movelo en directo por todas partes. A peza está enfocada para que se toque en directo. No momento de gravala foi tocada alí diante con todos os instrumentos porque así foi pensada cando a compuxen. Xa digo que a intención é que sexa o xerme dun espectáculo en solitario que espero que se poida facerse en directo.