Este luns, ás 16.00 horas, terá lugar a apertura da cancha de prácticas de golf, ubicada na rúa L de Silleda. Será unha xornada de portas abertas para todas as persoas que queiran practicar este deporte, que o Concello retoma en colaboración co Club de Golf Val de Rois. Será esta entidade a que imparta as clases, que custarán 25 euros por mes e que serán impartidas polo mestre Jacobo González, que conta cunha ampla traxectoria tanto docente como de competición a nivel estatal. As persoas que queiran acudir a sesións formativas poden enviar un correo ao enderezo electrónico info@silleda.gal. O club facilitará o material para as clases. O Concello encargouse de acondicionar os terreos, así como de adquirir o equipamento necesario para a posta en marcha desta inicaitiva. Anos atrás, a asociación Exilieta tamén impartira clases de golf en Trasdeza.