Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ames aprenderá de Eira da Xoana

A familia Sanmartín Míguez dóalle á fundación parcelas nas que fará actividades

Membros da Fundación Eira da Xoana , nunha das dúas chousas cedidas en Ames. Cedida

Cando Adega mercou unha finca e unha casas abandonadas en Ramil, fixo posible non só que os veciños da parroquia e de localidades semellantes lembrasen á súa anterior dona, Xoana, senón que nestes terreos se desenvolvesen con frecuencia desde clases de baile tradicional hasta xornadas de participación voluntaria para desbrozar e limpar as fincas ou realizar xornadas en lembranza das personas represaliadas durante a dictadura. A Eira da Xoana, que desde hai anos funciona como fundación, é xa un referente no coidado e protección medioambiental na Agolada (onde Adega tamén custodia unha finca nos Sobreirais do Arnego), pero tamén no resto da comarca dezá e nas fronteirizas terras de Antas de Ulla e Palas de Rei, xa en Lugo.

Unha das parcelas está atravesada pola ponte Cabirtas. Cedida

E agora, acaba de dar o salto a terras coruñesas. A finais de ano, quedaba formalizada ante notario a doazón, por parte da familia Sanmartín Míguez, de dúas chousas no concello coruñés de Ames. Unha das parcelas mide 3.000 metros cadrados e está próxima a un castro, mentres que a outra, de 1,5 hectáreas, ten un camiño tradicional polo medio e únese á outra parte do río pola coñecida ponte Cabirtas, que se atopa en fase de resturación. Estas dúas fincas ubícanse á beira do río Sar e van ser empregadas por Eira da Xoana para impartir distintas xornadas de educación ambiental. Antes, como ocorreu en Ramil, vaise tentar recuperars o seu estado natural.

Compartir el artículo

stats