Os departamentos de linguas (inglesa, castelá e galega) do IES Ramón María Aller Ulloa convocan o XI Concurso de Portadas Verso en Lúas, con dous primeiros premios, consistentes en vales de 50 euros: un para alumnos de 1º e 2º de ESO e outro para os de 3º e 4º e os de FP Básica. Cada participante pode entregar ata dúas portadas de formato libre, coa única condición de que inclúa un fragmento dun texto literario, propio ou alleo –neste caso, debe figurar claramente o nome do autor–. Na proposta, que pode estar en galego, castelán ou inglés, ten que figurar o título da obra e o autor, con ilustracións, orixinais e propias. Os traballos serán entregados antes do 20 de febreiro de 2022. O xurado, formado por membros dos tres departamentos, valorará especialmente a orixinalidade da presentación e dos contidos.