Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un peche para as bestas

Empresas madeireiras tumban os cercos forestais de Sabucedo

Dúas bestas pelexan na Rapa de Sabucedo, en xullo do 2012. | // PIM/ MIGUEL VIDAL

A besta de Sabucedo é unha fera salvaxe, un espírito libre, que corre e pace nos montes allea aos perigos que aos que a civilización a expón. Ela vai a onde ela quere, e se ela quere ir a unha finca labrada, ou a un tramo de autovía, non hai quen a faga entrar en razón. Por ese motivo, os integrantes da Asociación Cultural Virxe da Peregrina se esforzaron e se esforzan diariamente en poñer cancelos a esa liberdade, o suficiente para garantir o benestar dos animais e das persoas. Unha das medidas que tomaron neste aspecto foi delimitar o monte con espazos cercados, de maneira que as bestas non poidan pasar máis alá deses límites. O motivo? Que a miúdo, ao outro lado do cerco, hai tramos de estrada nacional ou autovía, polo que unha incursión das bestas na vía podería dar en accidentes de tráfico que acabase coa vida de persoas, equinos, ou ambas.

Non obstante, as labores da asociación víronse comprometidas cando en novembro, empresas madeireiras tiraron con partes deses cercos no seu paso cara parcelas de monte para a tala de árbores. Dende entón e ata día de hoxe, a organización pideu á entidade responsable dos danos que se fixera cargo dos correspondentes arranxos, caendo ditas esixencias en sacos rotos, xa que parece ser que os cercos seguen tumbados.

Paulo Vicente Monteagudo, presidente do colectivo, conta que ante a falta de resposta da empresa, unha subcontrata doutra maior que se encarga de realizar ditos servizos de tala, xa se puxeron en contacto coa primeira para informar da mala practice da sociedade delegada. O responsable engade tamén que a situación non deu ningún en ningún incidente que lamentar polo de agora, máis que as bestas están a sair, o cal dificulta a súa labor de control e coidado dos animales, así como deixa aberto un risco constante a vehículos que poidan ter un siniestro cos animais.

En caso de que se dera un accidente deste tipo, a propia Asociación sufriría danos, dado que o seguro que teñen contratado para facerse cargo de estragos causados por parte das feras, só está en vigor en tanto estas se atopen cercadas, nun espazo delimitado e controlado pola propia organización. Agora que iso xa non é unha realidade, temen que calquera desperfecto acane recaendo nos petos do propio colectivo, algo que di “non imos asumir”, pois “a responsabilidade é da empresa por non vir levantar os cercos, como xa lles pedimos numerosas veces que fixeran”.

Esta é a realidad que levan a vivir dende hay dous meses os asociados de Virxe da Peregrina, e advirten de que se a medeireira non toma as medidas pertinentes para poñer solución ao problema, a próxima vez que acudan á prensa será con nomes, ademais doutras medidas legais das que se botarán man se é preciso. O certo é que non todos saben o traballo que hai detrás desas Rapas, reclamo de interese cultural i emblema indiscutible de A Estrada, mais as bestas son animais descoñecedores, e dos humanos non se coidan soas.

Compartir el artículo

stats