Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

xosé carlos carracedo porto nnficha persoal | Escritor

“A pandemia axudoume a ordenarme e establecer unha rutina para escribir”

“O meu libro é moi vitalista aínda que fale de todo que pasou neste tempo”

Xosé Carlos Carracedo adicando a súa obra na presentación feita en Vila de Cruces. | // S. S.

O Auditorio “Xosé Casal” de Vila de Cruces acolleu esta semana a presentación do libro Diario dun confinamento, segunda obra do profesor compostelán Xosé Carlos Carracedo Porto. O acto contou entre outros coa participación da xornalista de FARO Salomé Soutelo e a música de Rafael Amigo.

–Como van as vendas?

–Vai bastante ben porque sacámolo en maio editado por Bolanda e en xunio xa estaba por unha segunda edición. Estánme decindo dende a editorial que estase vendendo moi ben. Estou moi contento porque isto é como esos naúfragos que tiran unha botella ao mar.

–Por que un diario durante unha pandemia que ninguén sabe cando vai rematar?

–Xurdiu o primeiro día do confinamento. O libro está escrito in situ, non como unha crónica xornalística porque eu non son xornalista e non conto de xeito obxectivo os sucesos do día a día pero é un relato obxectivo do que iba pasando. Cada día pola tarde establecín unha rutina para escribir o que pasaba. Sempre tentei facer un capítulo que fose como un conto para que se poidera ler independentemente dos outros. Ao mesmo tempo tamén procureir que todos os relatos gardasen unha conexión. Con estas premisas fun escribindo cada día.

–Hai moita tristura nas páxinas da obra?

–É un libro moi vitalista. Aínda que fale de todo o que pasou nese tempo no que estivemos encerrados, sobre todo céntrase nas cousas bonitas da vida buscando sempre a beleza. Sen dúbida é un libro vitalista ou iso foi o que pretendía.

–Foi doado escribir sabendo que durante un tempo no que tivemos que estar metidos na casa?

–Eu son unha persona algo caótica que escribe sempre pero dunha forma desordenada. Teño que recoñecer que a min a pandemia axudoume a ordenarme para establecer unha rutina porque do contrario estaría escribindo mañana, tarde e noite. Refírome a que incluso axudoume a ser disciplinado a hora de entender o mundo acual.

–A que se refire cando fala de entender o mundo dende a pandemia?

–Falo de facerte dudar e de preguntarche e asustarte tamén porque dirás que este control que están tendo sobre nós por culpa do coronavirus temes que sexa utilizado como un experimento para unha futura distopía. As distopías sempre estaban nos libros e de repente aparecen na nosa realidade.

–O libro sería moi distinto sen as ilustracións de Nuria Filgueira?

–A verdade e que si. Antes de mandalo a unha editorial o primeiro que fixen foi contactar con Nuria porque somos moi bos amigos e é unha ilustradora espléndida. Xuntos empezamos o que é facer a estética do libro e a súa maquetación. De feito, nós nun principio tíñamos pensado autoeditar o libro pero como os relatos tiñan unha gran acollida nas redes sociais. Ademais, atopamos en Bolanda unha casa na que foron todo facilidades, e cun trato de mimo e de coidado espectacular, pois preferimos facelo con eles e estamos moi contentos. Xa che digo que o que esperamos é que seña un libro moi vitalista nestes tempos tan estranos nos que nos atopamos na actualidade.

Compartir el artículo

stats