Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Ruta da Sidra, da praia de Normandia a proxecto para dinamizar A Estrada

O Club Faro analiza o pasado, presente e futuro da mazá e da sidra estradense. Os seus protagonistan destacan as súas opción para converter a zona nun destino turístico

Imaxe do debate que tivo lugar onte nas instalacións do MOME da Estrada. Bernabé / Javier Lalín

Foi a súa paixón pola segunda Guerra Mundial a que levou ao enxeñeiro agrícola Miguel Soto a viaxar ata Normandia. Alí, terminaría facendo un descubrimento que marcou en gran medida a labor que viña facendo dende hai anos na cooperativa Ullama. A Ruta da Sidra de Normandía aparecía como un reclamo para os numerosos turistas que vistaban a zona. Soto decidiu torcer un chisco o seu camiño entre escenarios históricos para coñecer aquela. “O que vin, era A Estrada. Unha ruta de corenta kilómetros entre puebliños pequenos, cunhas poucas casas, e con pequenas explotacións ás que non tiñamos nada que envidiar”. Ese foi o xerme da Ruta da Sidra da Estrada, o novo paso dun proxecto iniciado hai xa vinte anos que estase a converter nunha das grandes esperanzas de dinamización de todo o municipio.

Esta nova Ruta da Sidra e as súas posibilidades como elemento dinamizador na zona foron o centro de debate do Club Faro organizado na noite de onte nas instalacións do Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME). Presentado pola deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, esta iniciativa contou coa participación de representantes de diferentes sectores co obxectivo de ofrecer una visión global.

Ana Laura Iglesias, deputada de turismo.

Ana Laura Iglesias, deputada de turismo. Bernabé / J. Lalín

"As administracións temos que apoiar as grandes ideas como é a Ruta da Sidra"

Ana Laura Iglesias - Deputada Provincial

decoration

O enxeñeiro técnico en Industrias Agrarias e coordinador da Ruta da Sidra, Miguel Soto; a produtora de mazá ecolóxica Mónica Brey Baltar, que aposta pola mecanización do traballo agrario; a presidenta da Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, e produtora de mazá ecolóxica, Ana Villamayor foron os protagonistas deste debate, contando co alcalde estradense, José López Campos, como invitado.

Ana Villamayor, de Mar de Compostela

Ana Villamayor, de Mar de Compostela Bernabé / J. Lalín

"Coa mazá e a sidra podemos chegar a ser un destino turístico moi atractivo"

Ana Villamayor - Presidenta da Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela

decoration

A deputada foi a encargada de ir presentando aos ponentes pero tamén amosou o seu respaldo a iniciativa posta en marcha na Estrada en torno á sidra. “As administracións temos que apoiar as grandes ideas como esta Ruta da Sidra”, afirmou. “Galicia ten moito futuro, especialmente con iniciativas como esta. Aquí está a maior produción de mazá da provincia e iso pode ser un motor económico para A Estrada”, engadiu.

Mónica Brey, produtora de sidra.

Mónica Brey, produtora de sidra. Bernabé / J. Lalín

"Era unha urbanita. Ata o ano 2017 nunca tivera ningún contacto coa mazá"

Mónica Brey - Produtora de sidra

decoration

Pola súa parte, o alcalde estradense sinalou que “a Galicia rural ten que estar sempre reinventándose”, e as diferentes iniciativas postas en marcha en torno a mazá e a sidra nos últimos vinte anos terminaron conformando “unha alternativa de futuro”: “Comezou coom un proxecto cooperativo moi difícil de sacar adiante, pero terminou fructificando”.

Miguel Soto, coordinador da Ruta da Sidra

Miguel Soto, coordinador da Ruta da Sidra Bernabé / J. Lalín

"Podemos aproveitar que estamos cerca de Santiago, de Vigo e de Pontevedra"

Miguel Soto - Coordinador da Ruta da Sidra

decoration

Atraer ao turista que viaxa para coñecerse

Ana Villamayor destacou na súa intervención a potencialidade da mazá e da sidra para atraer a ese tipo de turista que viaxa coa intención de coñercerse a través das tradicións antigas e dos elementos patrimoniais. A longa historia da sidra na Estrada, perdida pola implantación da uva e o viño na zona, e a súa recuperación poden ser un reclamo nese sentido e sempre cun obxectivo final, acadar a complicada misión de convertir o municipio nun destino turístico de interior. “Estamos ben situados pero non chegamos a ser un destino turístico. Coa mazá e a sidra podemos chegar a selo. Temos que saber vender o que temos a nivel turístico”.

Potenciar a mazá e todo o mundo que a rodea

Miguel Soto realizou un recorrido dende os primeiros de recuperación da plantación de mazá ata a actualidade, destacando o momento no que os productores decidiron dar un paso maís e comezar a facer a súa propia sidra. Nese camiño viviu un momento importante coa posta en marcha da Feira da Sidra e agora está a dar outro coa creación e promoción da Ruta da Sidra. “A pandemia frenounos ao inicio pero esperamos comezar a amosala a partir de agora. Estamos cerca de Santiago, Vigo ou Pontevedra es temos que aproveitar ese turismo coa mazá e con todo o mundo que a rodea”.

A chegada de novos productores

Mónica Brey foi a encargada de amosar o punto de vista dos productores de mazá. O seu é o testemuño dunha persoa que comezou a plantar no 2017 e que non tivera contacto ata ese momento coa mazá nin co mundo agrícola. Comezou cunha finca da súa sogra e con dúas máis que arrendou e que estaban abandonadas. Neste anos aumentou as súas fincas ata as nove hectáreas e conta cunha producción na que aposta pola mecanización. “Somos unha empresa familiar pero con so tres persoas podemos facer toda a recollida”.

Compartir el artículo

stats