David Reinero gaña o Premio Xornalístico Reimóndez Portela
O xurado recoñeceu as súas cinco entrevistas feitas polos corenta anos de Estatuto
REDACCIÓN
Os membros correspondentes ao xurado cualificador encargados de fallar a XXVI edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela” reuníronse este mes para analizar os diferentes candidatos. Finalmente, o premio desta edición recaeu por unanimidade nunha serie de cinco entrevistas realizadas a destacados membros dos distintos gobernos da Xunta de Galicia (Víctor M. Vázquez Portomeñe, Fernando Salgado, Pilar Rojo, Teresa Táboas e Agustín Hernández) nestes últimos corenta anos, da autoría de David Reinero González. Todas elas foron publicadas no xornal dixital Praza Pública baixo o denominador común dos “Corenta anos de Estatuto”.
O xurado destacou das entrevistas gañadoras “A imaxe transversal que ofrecen da situación sociopolítica de Galicia neste longo período da nosa historia”. O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro mes de decembro. O xurado cualificador, agradece a participación e destaca a variedade e calidade dos traballos presentados a concurso. Concurriron a esta edición un total de dezanove artigos, pertencentes a un total de once autores. Juan Manuel Constenla, Victoria Reimóndez Sanmartín, Mª. Del Carmen Vieitez, Enrique Otero y Juan Andrés Fernández formaron el jurado.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores