Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xoán Carlos García Porral Profesor e antropólogo

“Chamoume a atención como a aldea de Cotarelo se foi abandoando en 40 anos”

“Na sentenza da Galicia profunda penso que habería que coidar a linguaxe e as formas”

O mestre e investigador Xoán Carlos García Corral nunha imaxe promocional.

O Museo Municipal de Lalín acolle este venres, ás 20.15 horas, a presentación do libro Fondo Rural. Identidade social e estrutura familiar publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de mestre e antropólogo Xoán Carlos García Porral.

É diferente escribir na pandemia que facelo na normalidade?

Si porque durante a pandemia é unha forma de ocupar o tempo. Tés máis tempo para facer todo e, de feito, a presentación do libro prolongouse no tempo por culpa da situación na que estamos.

A temática tamén ten que ver coa situación sanitaria, ou non?

A miña formación sempre foi no campo da antropoloxía. Entón, sempre a miña temática foi o mundo rural e xa había tempo que lle viña dando voltas a facer un estudo dos cambios que se deron no mundo rural a partir dunha pequena comunidade. Despois, tamén me axudou moito o feito de que na pandemia cando se decretou o estado de alarma e incluso dende os decretos que se aprobaron a nivel estatal que consideraba a moitos labregos como labregos de fin de semana. A min pareceume un pouco chocante como dende as administracións públicas son capaces de decidir quen é labrego e quen non. Parece que o que cultivaba como complemento alimenticio coidar uns capóns, botar unhas patacas ou ter un corral pois eses eran considerados como aficionados e labregos de fin de semana.

Resulta cando menos raro.

Era un pouco insultante, non? Sobre todo cando dende as administracións non entenden para nada o que é a vida no rural. O problema é que se fora no século XVIII ou no XIX, pois bueno. Pero que no século XXI aínda se catalogue por ter un documento este é labrego e este non, eso non me parece de recibo. Sobre todo cando se está vendo que moitos dos que teñen eses papeis xa deixaron de ser labregos tradicionais e están completamente industrializados. Moitas veces os que manteñen son os pequenos labradores que aínda gardan os coñecementos de vello e que os seguen utilizando para producir un complemento ao seu vivir, non?

Este libro chega no momento axeitado?

Eu fixérao daquela porque me parecía oportuno con motivo da pandemia e sobre todo coa sensación que se estaba producindo no eido rural. Agora tamén pode vir a colación con todo o que saiu da Galicia profunda como forma de referirse aos galegos. Eu non entendo de leis e por suposto non me meto nesa cuestión pero non sei ata qué estremo pero penso que hai que coidar un pouco a linguaxe e as formas. Penso que este libro pois tamén incide un pouquiño nesto. A min chamoume moito a atención como unha sociedade tradicional galega, como era a aldea de Cotarelo que aquí se estuda, pois en 40 anos foi cambiando e prácticamente abandonou todo o que era aquelo de hai catro décadas. Hai datos cuantitativos: nos anos 80 vivían nesta aldea 88 persoas e agora viven 38; en 1980 había 19 casas habitadas e hoxe hai 16. É unha situación curiosa porque sendo unha aldea que está a 2 kilómetros de Lalín ten tódolos servicios pero está quedando abandonada. Abandónase non xa só o que é o espazo físicamente, senón que se abandonan tamén as costumes e os usos tradicionais de relacionarse nunha aldea como a de Cotarelo.

Todo un paradoxo falando do centro de Galicia, non si?

Vivimos entre o optimismo de formar parte dunha sociedade tecnoloxicamente avanzada, e o pesimismo dos valores anhelados de cando eramos nenos. Queremos desfrutar das oportunidades que nos brinda a cidade moderna, perto botamos de menos a vella aldea que coñecemos na infancia.

Compartir el artículo

stats