Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

Prospeccións arqueolóxicas no Henge de Outeiro Grande

Prospeccións en Outeiro Grande. // A.P.

Ata hai ben pouco tempo non se sospeitaba que en Outeiro Grande puidera atoparse un “henge galaico”, ben por ser díficil de localizar, por falta de evidencias ou por seren unhas estructuras circulares simples díficiles de ver, aínda que nos atoparamos cos pés encima delas.

O certo é que Outeiro Grande non pasou desapercibido a todas as persoas, pero eses aos que non lles pasou desapercibida non interesaba facerlles caso e, por iso, se instalou sobre este outeiro lalinense da Serra do Carrio, no ano 2002, un aeroxenerador vandálico que arrasou unha boa parte da estructura. Os que nunca se deron por vencidos seguiron insistindo na importancia que tiña este lugar e, nestes últimos anos, a Comunidade de Montes Veciñais de Bermés fíxose cargo do reto e grazas as súas xestións puideron, por fin, efectuarse dúas sondaxes arqueolóxicas a fins do recente mes de outubro.

Prospeccións arqueolóxicas no Henge de Outeiro Grande

Que puxeron en evidencia estas sondaxes?

As dúas sondaxes foron, habilmente, realizadas no borde da estructura, unha no lado occidental, nunha ubicación de conexión do henge co rechán circundante e outra no oriental, unha vez sobrepasada a rotura de pendente do terreo, a causa dunha falla de direccion NL-SO que empeza alí moi cerca, en Pena do Ouro e termina, a máis de 12 Km de distancia, en Cortegada, unha vez transpasado o río Deza.

Hai que ter en conta que a estructura do henge adáptase, de forma moi precisa, a estes condicionantes naturais, nun caso mediante un leve parapeto, foxo e muro e no outro cun terraplén sostido por paramento de pedras (muro de sostén).

Época

As sondaxes arqueolóxicas amosaron o esqueleto pétreo destas estructuras e permitiron entrever que no lado oriental, no de maior pendente, ata se poden atopar paramentos paralelos que contribúen a reforzar e estabilizar o propio terreo. As estructuras, que se aprecian ben no terreo desbrozado, quedaron ao descuberto unha vez realizadas as sondaxes, pero a intervención permitiu exhumar restos de cerámicas prehistóricas e recoller mostras de solo con elementos orgánicos que, unha vez analizadas en laboratorio, permitirán establecer datacións, un aspecto moi importante para coñecer a época na que se construiu esta imponente e enigmática estructura.

Compartir el artículo

stats