Ainda que o Día de Difuntos é este martes, 2 de novembro, as xornadas inmediatas son sempre un continuo ir e vir de xente nos camposantos. Xa dende mediados de semana, os cemiterios sometéronse a unha posta a punto das lápidas, sega de herba polos pasillos e de retirada de flores artificiais ou vellas para deixar paso a ramos e plantas, como símbolo de respeto, amor e gratitude polas persoas que alí repousan. Estes traballos intensifícanse durante esta fin de semana, que ademais será máis longa do habitual porque mañá, Día de Todos os Santos, a xornada festiva cae en luns. Dende os gobernos locais tamén se traballa na posta a punto destes enclaves. Así, Cerdedo-Cotobade acometeu melloras e limpezas en viais e accesos das necrópoles de todo termo municipal. Reforzou, ademais, o número de colectores e papeleiras e revisáronse as conducción de auga.

Fin de semana protagonizado polas visitas a camposantos e a floristerías