Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

yolanda figueiras castro | Cazadora de xabaril

“Comecei hai cinco anos, e o pasado xa fixen 13 aplaces”

“Nunca tiven ningún problema para integrarme na cuadrilla: todos me deixan os mellores postos e os mellores rastros”

Yolanda Figueiras, xunto a un animal abatido.

Asegura que se adentrou na caza do xabaril porque a súa parella xa a practicaba e “se non podes co inimigo, únete a el”. Agora, cinco anos despois, Yolanda Figueiras é das poucas mulleres que se poden ver na caza do xabaril e manifesta que o máis bonito desta práctica son os traballos de rastrexo do animal.

–Ninguén na súa familia sabía cazar. ¿Como aprendeu?

–Eu antes nunca fora á caza nin collera unha escopeta. Para poder cazar, é preciso pasar catro exames: teórico e práctico do permiso e armas, e tamén teórico e práctico para a licenza de caza. Despois, lembro que o meu marido, Miguel, e eu botamos un verán sen ir á praia para acostumar o meu can, un sabueso xa collido de pequeno e fillo dunha cadela do meu home. A verdade é que saliu á primeira, porque podía ser que non lle gustase o xabaril e preferise outra especie.

–¿Gustoulle tomar esa decisión?

–Si, a verdade é que moi ben. O mellor de cazar o xabaril non é disparar, senón cordear, que é andar co can atrailado, e despois cortar a zona por onde andou o animal. Ao mellor, podes coller un rastro da primeira hora da noite e tés que facer todas as voltas que deu o xabaril ata as sete ou oito da mañá que encamou.

–Case é un traballo en equipo, entre cazadora e can.

–Si, podemos dicir que é ao 50%. Está claro que tés que entender o can, pero unha tamén ten que ir mirando as pegadas do xabaril, porque pode ser que nun momento da noite éste se vire e volva para atrás, por exemplo. E recalco, o meu can saiu moi ben xa á primeira, basta con pensar que o ano pasado xa fixen 13 aplaces (é marcar onde está a peza).

–Vostede pertence á cuadrilla Empalme. É das poucas mulleres que poden verse na caza, dado que ainda é un mundo moi masculinizado. ¿Tivo que aguantar algún comentario fóra de lugar?

–Para nada, nunca tiven ningún problema. Todos me deixaron sempre os mellores postos e os mellores rastros.

–¿Que lles diría aos ecoloxistas, a miúdo en contra de torneos como o do raposo ou criticos coa declaración de emerxencia cinexética polo xabaril?

–Está claro que os cazadores somos necesarios, e que son casos moi puntuais aqueles que lles disparan a todo, masacrando toda a diversidade. E tamén quero apuntan que non estou de acordo coa emerxencia cinexética en puntos como o de poder cazar raións.

Compartir el artículo

stats