Once “influencers”–entre os que se atopa a deportista olímpica Belén Toimil– visitan esta fin de semana Tabeirós-Montes e Deza no marco dunha das Eco Experiencias do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Son os blogueiros galegos nacionais e internacionais Alvientoo, Petiscos Galegos, Rogelio Santos Queiruga, Vanesa Bustos-Consultora Gastronómica, Gastroactivity, Blondie Muser, El Mundo Ok e Amar, Viajar e Petiscar, ademais de Belén Toimil, recén chegada dos Xogos Olímpicos de Tokio. Suman entre todos máis de 160.000 seguidores en Instagram. Tras ver en Vilagarcía cómo se producen mexillóns e algas en ecolóxico e visitar a conserveira Pan do Mar, foron á explotación de vacún en ecolóxico de Isidro Peleteiro en Pedre e logo a Biofruitgalicia de Ancorados. Tiñan previsto durmir en Torres de Moreda de Callobre para ver hoxe as plantacións de mazá Rabiosa e logo á firma Trasdeza Natur en Silleda.