O mestre lalinense Mario Pereira Fernández recibíu onte o premio Loureiro de Ouro que cada ano outorga o Foro de Cultivos Culturais (Focucu). O coletivo destacou máis dunha ducia de incontestables méritos de Mario para entregarlle a insignia de ouro deste ano. Diante do café Camilo, o profesor de língua galega do IES Ramón Aller, agora xubilado, recibíu este galardón de mans de Raquel Vázquez Vaamonde, Celso F. Sanmartín e Benxamín Otero, de Focucu.