Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Lalín desempolva os xoguetes con máis historia

O espazo museístico ponse a andar en Liñares con máis dun milleiro de pezas en exposición permanente

11

Os xoguetes con máis historia están no Pazo de Liñares.

Dende hai uns días, o municipio lalinense goza dun espazo singular e diferente, que para moitos evoca un pasado máis ou menos lonxano. Os xoguetes de hoxe en día pouco teñen que ver cos aparellos, en ocasións rudimentarios, cos que desfrutaban os nosos pais ou avós. Aínda así, todo ten a súa orixe e moitos non son máis que unha actualización mellorada e adaptada aos novos tempos e ás novas tecnoloxías. Unha escolma destas pezas tradicionais pode contemplarse no Museo do Xoguete inaugurado o pasado día 7 no Pazo de Liñares.

A colección está conformada por todo tipo de fondos, a maioría deles cedidaos polo coleccionita cambadés Antonio Chaves. Como recordaba José Crespo, alcalde de Lalín, a doación surxiu dun encontro ao azar coa directora do Museo do Mar de Vigo, Marta Lucio, quen lle falou sobre Chaves. O propio coleccionista sinalaba, este tipo de museos están comezando a súa andaina polo territorio español e que pouco a pouco van tendo más relevancia, pero a reacción do público xeral a este fenómeno está a ser fantástica.

Organizados por temas, neste percorrido pola infancia que ofrece Liñares pódense visitar máis de 1.000 xoguetes de diferentes épocas. Ademais, hai preto de 4.000 máis gardadas para a súa reposición e cambio, configurando así un espazo mudable en constante movemento. A través dunha sala introdutoria, ábrese todo un mundo repleto de obxectos que reúnen milleiros de características difrentes. Dende xoguetes doados por institucións de Xapón ata recortables feitos en Galicia, todos eles conforman unha mostra única en Galicia.

Algúns exemplos son o proxector de cine Skob de Josep Escobar, deseñador tamén dos coñecidos Zipi e Zape ou Carpanta; a famosa Mariquita Pérez do ano 1950 ou o Bugatti de Payá de 1932, considerado o mellor coche de carreiras de lata do mundo e que foi fabricado en España. Contando tamén as Betty Boop, os futbolíns e unha cantidade inxente máis de pezas, Liñares ofrece unha razón de peso para achegarse alí e desfrutar dos grandes tesouros que garda.

Compartir el artículo

stats