Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os artesáns volven asentarse nos Pendellos

José Ángel Ayude, con algunhas das súas creacións, este mércores na Casa Museo.

A artesanía volve a atopar un lugar no que refuxiarse no Concello de Agolada. Pese a actual pandemia e á cancelación da súa anterior edición, a XIV Mostra de Artesanía celebrou este mércores a súa primeira xornada. Ao acto de inauguración acudiron diversas autoridades dalgún municipo da comarca do Deza, así como representantes dos Concellos e Santiso e Oleiros. Tamén asistiu á cita o deputado Manuel González, que interviu para sinalar a predisposición da Deputación á hora de colaborar e participar na Feira da Artesanía.

“Estamos encantados de axudar aos municipios máis pequenos, aos municipios do rural que as veces son os que están máis esquecidos”, sinalaba González. O deputado apoveitou a ocasión para relatar unha anécdota persoal que lle acontenceu nunha voda de mexicanos que, para a súa sorpresa, falaban galego. Ante tal abraio, estes respondéronlle: “Dicíame miña nai que o angazo nunca se pode esquecer”. Deste xeito, González dirixiuse ao mandatario Luis Calvo para expresar a súa felicidade ao ver que a xente emigrada –como é o caso do alcalde agoladense– volta á terra e mantén as súas tradicións. Para rematar o seu discurso, congratulou ao equipo de goberno por “facer un Concello máis moderno, pero respectando sempre as raíces, que é a maneira de chegar á xente”.

  • "É a primeira vez que veño expoñer a unha feira"

    Johanna Medina, deseñadora e artesana

O seguinte en tomar a palabra foi o propio Luis Calvo, sinalando a importancia para o pobo de acoller unha celebración tan importante. “Haberá 40 artesáns que estarán estes dous días connosco, persoas que chegan dende distintos puntos da nosa xeografía e que fan verdadeiras marabillas coas súas mans”, comentou o alcalde. Tamén quixo exaltar Os Pendellos e a tradicional feira do día 12, que foi unha das máis importantes da contorna.

Facendo fincapé precisamente no atractivo turístico de Os Pendellos, sinalou que “é unha atracción que vamos coidar e protexer”, engadindo que está previsto que se arranxen algúns deles que se atopan en moi mal estado. Por último, Calvo deixou caer o ano seguinte se celebrarán as “bodas de prata” da Mostra da Artesanía e que haberá sorpresas importantes.

  • "Algún compañeiro faloume desta mostra e decidín probar"

    José Luis López, artesán

Unha mostra diversa

Ao remate das intervencións, comezou a animación polas rúas da man do grupo Latexo Percusión. As autoridades levaron a cabo un percorrido polos postos de artesanía, entre os cales se deixan ver distintos tipos de produtos. Chegada dende o Concello veciño de Lalín, Johanna Medina é a primeira vez que acude tanto á mostra de Agolada como a unha feira en xeral. “Xa que estou co tema da artesanía, quería tamen probar tamén a experiencia de ir a unha feira”, indicou a artesana e deseñadora. Animada tamén por unha compañeira súa, Medina presenta no seu posto todo tipo de cestería fusionada co fío macramé.

Fronte ao seu pendello, a carpinteira Concha Bello amosa tamén as súas creacións. Orixinaria de Laxe pero residente en Cabana de Bergantiños, é a primeira vez que participa na mostra. Anos atrás chegou á Agolada como visitante da exposición e este ano forma parte dela. Traballa coa madeira e está particularmente interesada na reciclaxe e restauración, introducíndose na creación de lámpadas e desenvolvendo tamén artesanía mariñeira.

  • "Acudo para dar un pouco a coñecer o que fago"

    Concha Bello, carpinteira e restauradora

Se nos desprazamos ata a Rúa da Parranda, José Manuel Prado presenta os seus productos nun posto que el mesmo fabricou. Chegado dende a Arzúa, animouse a participar na mostra deste ano, despos de acudir noutras dúas ocasións antes do 2014. Dende obxectos de cociña a bolígrafos e buxainas, pódense atopar todo tipo de obxectos feitos con madeira. Prado comentaba que este verán é a segunda feira á que acude, xa que tampouco hai moitas que se estean levando a cabo.

Con creacións tamén feitas a man, José Luis López da a coñecer os seus xabóns creados con aceite de oliva, ademais doutros produtos relacionados coa hixiene. O artesán chegado de Pontevedra, coñeceu a mostra a través duns compañeiros de oficio e este é o primeiro ano que se decidiu a probar a experiencia.

  • "Dende o 2014 non volvín, pero este año tiña ganas de vir"

    José M. Prado, torneiro, ebanista e restaurador

Existen outros tipos de atractivos que visitar durante esta 25ª edición da Feira da Artesanía. Francisco Javier Aboy e Pablo Otero son dous escritores que están dando a coñecer as súas obras. Por outra banda, o artista da parroquia de Berredo José Ángel Ayude expón algunhas das súas obras na Casa Museo. Centrado no chamado hiperrealismo sucio, no que predominan os contrastes e as cores, presenta retratos, debuxos de espazos arquitectónicos e relacionados coa cultura pop. Tamén se poden atopar óleos recentes, como os que o pintor adicou aos seus avós.

Durante esta primeira xornada tamén se levou a cabo o primeiro showcooking, o espectáculo de ventriloquía de Al e Tana e a actuación do grupo Bico da Balouta e a Coral Polifónica de Agolada. Este xoves, celébrase o segundo showcooking, tamén da man dos chefs Álex Iglesias e Iván Méndez, un espectáculo de maxia ofrecido polo Mago Deimi e, por último, pecharase a mostra co concerto da banda de gaitas e baile Coribantes.

Compartir el artículo

stats