Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Brántega e a súa afamada banda

A parroquia tivo formación musical propia desde 1864 ata 1956, para reaparecer logo en 1982 e rematar por integrarse na de Agolada

A Banda de Brántega nos seus anos dourados, na década de 1930.

A Banda de Brántega nos seus anos dourados, na década de 1930.

No ano 2010, tras resultar electa nosa candidatura á dirección da Asociación dos Amigos da Banda de Música de Agolada, co gallo da festa do socio, editamos un libro homenaxe no que se recollía a historia da nosa agrupación, así como as das precursoras: Brántega, Ventosa e Baíña. Daquela o amigo Xaime Lamas chamárame para facerme ver que non era xusto situar o berce da actual banda en Ventosa, cando realmente nacera polas xestións do director da de Brántega, o Sr. Oro Val, e o Alcalde Costa. Certamente, aínda que a Banda de Ventosa nace dous anos antes ca de Brántega, concretamente no 1862, grazas ás xestións do seu mestre fundador, o Sr. Cuñarro, hai que destacar que morre tamén antes, concretamente no 1959, cando a dirixe o mestre Manolo do Cureixas.

A parroquia tivo formación musical propia desde 1864 ata 1956, para reaparecer logo en 1982 e rematar por integrarse na de Agolada

No transcorrer dos seus case cen anos de existencia, foron coa súa música por pobos e vilas practicamente de todo o país, baixo a man de Juan Fernández (O Juanito), José Fernández Alvarellos e Clemente Fernández, fillo do primeiro. Conta o mestre Alvarellos no seu libro sobre a historia das bandas que Clemente e Alvarellos, coñecido polo alcume de Curisco, eran primos irmáns e o Clemente fora músico en Cuba, onde tocaba a trompeta. Quero, xa que logo, rectificar aquel involuntario erro e agradecer as explicacións, fotos e información que me foi amablemente facilitada polo mencionado Xaime Lamas, Federico Méndez e Anxo Oro Trastoy, sen eles resultaría imposible facer este pequeno artigo sobre a historia da Banda de Brántega e os seus músicos.

Músicos en 1930 (esquerda)

A parroquia de Brántega (San Lourenzo) foi durante anos unha das máis importantes do Concello de Agolada. Por certo, a orixe deste nome, segundo Luz Méndez, resulta todo un misterio e pérdese na noite dos tempos, resultando único en Galicia. A primeira anotación escrita aparece en documentación do século XV, do notario de Monterroso, Aras Afonso. Durante o Antigo Réxime, Brántega pertenceu ao couto de Camanzo e foi señorío do mosteiro de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela.

Manuel Salgado, flauta

Manuel Salgado, flauta Ángel Utrera Baza

Con todas as carencias da época, sorprende a actividade cultural que ao longo dos anos acolleu o pobo, un dos máis activos da comarca, que chegou a ter banda de música dende 1864 e equipo de fútbol. A primeira rondalla foi formada antes da guerra por Xaime Castro e Ulrico Sarandeses, presentándose en festas e romarías con diversos nomes, como o Conxunto Tírame Algo ou No Saben Delos. E mesmo un grupo de teatro, creado nos anos 50, que se presentaría coa estrea de O médico a paus, de Moliere. Tivo tanto éxito que saíron a representala a Agolada. Dende alí saían para Radio City de Vigo, pero esta actuación tiveron que suspendela, xa que ao apuntador, Pepe de Vázquez, cáeulle unha vidreira encima.

Músicos de Brántega con Oro Val

Importante fora tamén a Taberna de Primo, do primeiro alcalde republicano electo. Foi tenda de ultramarinos e un fervedoiro de actividade, centro sociocultural e de relacións entre veciños. Aínda podemos sentir o arrecendo a augardente e viño Sanson, entre o barullo e o rebulir das xentes que chegan e marchan sen parar nos días de feira, entre mistos e fume de cigarros, risas e palabras unhas máis altas ca outras. As tabernas desempeñaron un papel social de máxima relevancia nas comunidades rurais, illadas ás veces ou con moi difícil acceso a vilas máis importantes.

Romaría grande de Berredo en 1948 Ángel Utrera Baza

Hai que ter presente que nos anos 30 do pasado século non había as estradas coma hoxe, e unicamente existía comunicación con Lalín, As Cruces e Agolada. As primeiras estradas de certa importancia chegarían en 1951, polo que o transporte era en carros, a pé ou ás costas dalgunha besta de tiro ou cabalo, despois chegarían os primeiros autobuses. Viaxar nun destes autobuses resultaba, sen dúbida, toda unha aventura chea de incógnitas. Un destes heroicos autobuses, O Torres, tivo como propietario a un veciño de Brántega, Manuel Torres, orixinario de Lamela.

A luz eléctrica nas casas non chegaría ata 1950, instalada polos irmáns Fuciños de Agra, cando se inaugurou a estrada a Berredo, aínda que durante o período no que Primo Castro estivera como alcalde fixera un importante esforzo para traer alumeado público á vila, a través da central Penas da Boutereira, sociedade que fundara xunto ao seu irmán Plácido, solicitando en 1922 a concesión para construír unha tosta no río que levara a auga canalizada ata as turbinas do muiño onde se transformaría en enerxía eléctrica, que prestara servizo aos veciños do Val de Carmoega. Ambiciosa idea que se ía estragar pola acción natural do río anos máis tarde levando por diante todo nunha enchente imprevista.

A Banda de Brántega aparece no ano 1864 e permanece ata o 1956, posteriormente reaparece baixo a denominación de Brántega Cultural, no 1982, para finalmente integrarse na actual Banda de Música Municipal de Agolada. O artífice desta agrupación foi o mestre Estebo, músico afeccionado que tocaba o trombón de oído. Xunto co clarinetista Marcial Sarandeses e Javier García, coñecido como O Xaviera, que tocaba o baixo, e un fillo de Estebo, que tocaba o fliscorno, foron os seus primeiros músicos.

Daqueles heroicos tempos e das penalidades e a dureza dos mesmos da conta Alvarellos no seu comentado libro, a través da anécdota sucedida no lugar de Camba nas festas patronais: Ao saír da igrexa empezou entre os mozos cambotes unha forte discusión sobre o lugar onde tiñan que tocar aqueles tres (Marcial, O Xavier e Estebo), xa que uns querían levalos para un sitio e outros que foran cara outro. Finalmente, O Marcial chegou a un acordo para evitar males maiores e tomando a palabra díxolles: “Que non haxa lío! Divídese a banda!”. E así foi como el marchou a tocar toda a tarde o seu clarinete a un lugar cos mozos que o seguiron e os outros dous estiveron noutro tocando sen descanso na festa que montaran o resto dos mozos.

Fotografía dos primeiros tempos da formación

Co pasamento de Estebo fíxoche cargo da dirección o coñecido Andrés Vilariño, que chegou a ter case trinta músicos tocando na banda, xa con certa sona e moito prestixio. Da división acaecida polas disputas entre os músicos alá polo 1942 xurde a Banda de Baiña. O seu derradeiro director, logo de substituír ao mestre Oro Val, foi Amadeo Agra Fernández, que se mantivo ao fronte da mesma ata a súa desaparición, en 1956.

Da importancia daquela Banda de Brántega quedan as novas publicadas das súas actuacións por diversos lugares e festas, en diferentes xornais da época, que se poden consultar na Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana). Recollemos agora algunhas desas publicacións:

Do xornal La Correspondencia Gallega, do mércores 16 de Xullo de 1916, baixo o título Desde Golada. Las fiestas de Borrageiros, coa firma de corresponsal, publícase: “Con extraordinaria brillantez se han celebrado este año en la parroquia de Borrageiros -capital del ayuntamiento de Golada- las tradicionales fiestas en honor de los gloriosos San Cristóbal y San Benito. Las funciones de Iglesia revistieron gran solemnidad. El día 10 se organizó una procesión muy lucida en la que condujo el estandarte el digno Alcalde de este municipio y culto abogado Don José Fociños de Valenzuela. Las bandas de música de Brántega y Merza, dirigidas respectivamente por los populares maestros Don Andrés Vilariño y Don Rogelio González, han ejecutado durante los festejos con perfecta afinación y delicado gusto un repertorio nutrido y selecto, siendo objeto de calurosas y justas alabanzas. Por las noches, la elegante fachada de la nueva casa consistorial ostentaba artística iluminación de acetileno, que alumbró durante los tres días hasta las dos de la madrugada, dando inusitado lucimiento a las alegres verbenas, que como en años anteriores, constituyeron la nota más saliente de los festejos. El día 10 en el amplio salón de sesiones de la casa ayuntamiento, cedida galantemente por el Sr. Fociños, tuvo lugar un baile todo encanto y hermosura, al que concurrieron las más bellas señoritas de la comarca y los más distinguidos jóvenes. Comenzó el simpático acto a las doce de la noche y hasta las cuatro de la madrugada no decayó la animación. Amenizó este número una sección de la banda de música de Brántega tocando con toda la maestría característica a tan afamada agrupación musical brillantes composiciones. Las fiestas de San Cristóbal y San Benito dejarán entre los goladenses grato y perdurable recuerdo”.

El Eco de Santiago, na súa edición do venres 25 de Agosto de 1933 publica, baixo referencia Fiestas en Pastoriza, o seguinte: “Vienen celebrándose estos días con gran concurrencia de fieles los cultos de la novena que los vecinos de Pastoriz y Basquiños dedican a la Divina Pastor en su capilla de Pastoriza. El domingo día 27 a las ocho de la mañana la banda de música de Brántega y el cuarteto Os Sixtos recorrerán el barrio tocando alegres dianas”. El Compostelano, do mércores 23 de Agosto 1933, recolle igualmente a nova das festas da Divina Pastora de Pastoriza e engade que “después de la misa la citada Banda ejecutará algunas piezas”.

Este mesmo diario, o luns 5 de Setembro de 1932 publica, baixo referencia Vida Gallega, o seguinte solto: “El número 529. Precioso número en el cual aparece la más amplia información gráfica de las fiestas patronales de Santiago, con las carrozas de la cabalgata retratadas, los actos de los coros regionales, la procesión tradicional, los discursos de los galleguistas, el paso de los gigantes y cuanto reunió este año en Compostela más romeros que nunca. Además contiene fotografías de la excursión del Recreo de Vigo a la playa de América, de la ría de las piraguas de la playa de Samil, la Banda Brántega de Golada... El texto muy nutrido, bueno y ameno. La portada caricaturesca, es de Vidales Tomé”.

Pola súa parte, El Ideal Gallego, o mércores 18 de Setembro de 1918 recolle o seguinte texto: “Se celebraron los días 7, 8, 9 animadas fiestas en la parroquia de Ventosa. El último día a pesar de lo desapacible del tiempo había mucha concurrencia de forasteros. En todas las misas el templo viose abarrotado de fieles, comulgando un crecido número de estos. Merece aplausos el celoso señor cura y los miembros de la comisión de festejos. Tambien habrá los días 16, 17 y 18 fiestas en honor de la Santa Cruz en la capilla de Brántega, propiedad del Sr. Rúa (D. Anselmo) y de Doña Dolores Sarandeses. Dejarán oír la palabra divina los Reverendos Padres Pasionistas del Convento de Mellid. Amenizarán las fiestas la acreditada Banda de música de Brántega y gaitas del país”.

La Voz de la Verdad publica en Abril de 1911 a seguinte información nunha columna de local: “En la parroquia de Sirgueiros han tenido lugar los días 15 y 16 de abril unas notables y concurridas fiestas. Entre otros festivales, a más de las funciones religiosas que han resultado muy solemnes, celebraronse algunos muy interesantes. El concierto de bailes ha sido de muy buen efecto, obteniendo los premios parejas de la escuela que dirige el profesor de Sirgueiros. La música de la Banda de Brántega, que dirige el competente maestro D. Andrés Vilariño y que amenizó las fiestas, ha agradado sobre manera”.

Atopamos noutras diferentes publicacións da época distintas reseñas sobre as actuacións da Banda de Brántega, dos que mencionamos, para os curiosos que queiran indagar neles: El Heraldo Gallego, en Decembro de 1927, publica referencia á actuación do “fabuloso cuarteto de gaitas denominados Os de Brántega”. El Ideal Gallego, o martes 4 de Setembro de 1933, e o 5 do ano seguinte, alude á celebración das festas de María Auxiliadora, na que contarán coas bandas de Brántega e Muimenta. El Eco de Santiago e El Compostelano refiren nas festas de San Caralampio de Vista Alegre, en Xullo de 1931, a contratación de Brántega para os días 8, 9 e 10, que repetirán en 1934. Tamén recollen a súa participación na homenaxe ao aviador Joaquín Loriga en 1927 en Lalín.

Finalmente temos publicación de El Pueblo Gallego, do 29 de Abril de 1928, sobre “os actos de homenaxe ao alcalde Emilio Oro Barrio, acontecida o 23 do mesmo mes, coa celebración dun xantar, no que a música a puxo a Banda de Brántega”. Os xornais tamén recollen no 1933 a homenaxe a Víctor Loureiro, represaliado polo Alcalde Oro e reposto na súa praza de médico titular de Agolada, ante a presión popular, en Ventosa, coa música das bandas de Brántega e de Ventosa.

Unha formación histórica inmortalizada en 1932

Unha formación histórica inmortalizada en 1932

Foto da banda en 1932 Manuel Salgado

Nesta foto da banda de agosto de 1932, obtida por Manuel Salgado na Galería de Bandas Populares de la Real Academia Gallega, revista Vida Gallega (o orixinal fora logrado por Adolfo Sarandeses Cortés, Atilano de Ventosa), aparecen: Ceferino Varela (bombardino), de Brántega; Amador Peón Varela (baixo), de Artoño; Amadeo Agra Fernández (clarinete), de Brántega; José Val Salgado (saxofón en mi b), de Baíña; Emilio do Cabo (saxofón en si b), de Carmoega; Valentín Caramés (bombero), de Baíña; José Rielo Fuentes (trompeta), de Carmoega; Pepe Mazas, (clarinete), de Palio; Leandro Mato (saxofón en si b), de Cercio; Carmelo Varela (fliscorno), de Brántega; Julio Mato (trombón), de Artoño; José Piñeiro (clarinete), de Cortiñán-Baíña; Andrés Vilariño (director), sentado, de Brántega; Manuel Salgado (Flauta), sin gorra, de Baíña; Ruperto Vilariño (trombón), de Brántega; Alfredo Rielo Fuentes (requinto), de Brántega; José Pulido (clarinete), de Artoño; José Campos (caixa), de Agra; Cándido Fernández Fernández (clarinete), de Baíña; Antonio Garcia Lorenzo (clarinete), de Brántega; Evaristo Moure García (fliscorno), de Berredo; Raimundo Vilariño S. (clarinete), de Brántega; Avelino Peón Varela (bombardino), de Artoño; Ramón Varela (baixo), de Brántega; José Piñeiro (trompeta), de Baíña; Manuel López, (trompeta), de Penas.

Compartir el artículo

stats