Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Día de Galicia con sabor dezao

Lalín e Silleda festexan a xornada con música, títeres e unha declaración oficial

Pasarrúas dos Xuncos polo centro de Lalín. | // BERNABÉ/ANA AGRA

O Día de Galicia foi aproveitado, onte, polo Concello de Lalín para facer unha declaración institucional na que se pretendeu “poñer en valor os valores identitarios que conleva esta importante data”, segúndo o documento. Nel tamén se fixo referencia a Castelao para suliñar as características que definen Galicia coma son lingua, territorio, vida económica propia e hábitos culturais reflectidos nunha determinada comunidade. Dende o Concello de Lalín lémbrase que “estas singularidades son indisociables do ser galego e a interrelación entre elas é determinante na configuración da nosa identidade”.

Un momento do espectáculo de Cachirulo en Carboeiro Bernabé/Ana Agra

A declaración do Concello da capital dezá tamén lembra que “o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei de Normalización Lingüística son dúas referencias lexislativas nas que a lingua galega é obxecto de especial mandato legal para a súa protección e fomento”. Ademais faise fincapé en que “a lingua e a economía aparecen recollidas no Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade dos grupos parlamentarios” e que nel determínase a incorporación do galego ás actividades económicas. Sen embargo, para o Concello “aínda dista de estar estendida a todolos ámbitos da actividade”.

A declaración institucional do Concello de Lalín remata lembrando que “en colaboración co Foro Enrique Peinador desenvolveremos accións que conduzan a potenciar a galeguización da administración local”. Mentres facíase público o documento, Os Xuncos facían un pasarrúas por todo o casco urbán. E na veciño concello de Silleda, a xornada festiva tivo como epicentro o mosterio de Carboeiro, que tivo entrada de balde todo o día. No seu interior a compañía de títeres Cachirulo representou o seu novo traballo Don Gaiferos e o Dragón, unha inciativa que se enmarca dentro do programa “A Compostela pola rutas Xacobeas”. No espectáculo desfilaron distintos personaxes vencellados coa tradición do Camiño que fixeron as ledicias de grandes e pequenos no fermoso cenobio da localidade tradezá sempre mantendo os protocolos sanitarios.

Compartir el artículo

stats