O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, estivo onte pola tarde en Vila de Cruces para invitar á veciñanza a participar de xeito masivo na manifestación convocada para hoxe en Santiago de Compostela, con motivo do Día da Patria. Rego reclama maior capacidade de decisión para definir o futuro de Galicia e reivindicou o papel do nacionalismo galego. O lema escollido polo Bloque para a manifestación de hoxe é ‘Galicia sen límites’, co que quere dar “unha contestación social ás políticas que se están a tomar no Goberno do estado e na Xunta, e que prexudican os intereses dos e das galegas”.