Foise unha muller que sen ir a manifestacións… MANIFESTOUSE, sen levar pancartas… MOSTROUSE. Foise unha muller que sacou con “uñas e dentes” e dignamente para adiante a oito fillos. Foise unha persoa calificada moitas veces de pobre. Para cando esta sociedade calificará a estas persoas de MOI RICAS? Foise unha santa dunha relixión que ainda nos queda por coñecer. Se algún día eu soubera cal é esa relixión , diríache “ata pronto, Elvira”