“Estado lamentable”. Esas foron as palabras empregadas polos veciños da contorna para describir o tramo da N-525 á altura de Lamela. “É unha estrada estreita e cun firme moi irregular”, aseguran. Din que a circulación é complicada nos dous sentidos, posto que se trata dunha vía moi estreita e frecuentada por camións e tractores.

Amais diso, os veciños tamén criticaron a maleza que pode verse nas beirarrúas de acceso á AP-53 á altura de Cervaña. “Hay que desbrozar porque non se ven os sinais nin os paneis grandes. Se sae algún animal do monte é dificil que o condutor poida velo e non vai ter tempo a reaccionar”, engadiu un veciño, que reitera a necesidade de que se acometan melloras nesta contorna.