O Concello de Cerdedo-Cotobade informou onte que un grupo de operarios municipais levaron a cabo estes días a roza e limpeza de camiños nas parroquias de Quireza, Rebordelo e Tomonde. O obxectivo desta actuación era acondicionar algúns espazos de esparcemento e acabar coa maleza que invade algunhas vías.