A Estrada acolleu onte unha das presentacións da campaña Sin límites, levada a cabo polo BNG con motivo do Día de Galicia que se conmemora o 25 de xullo. Segundo explicaron no acto celebrado onte, recuperarase a manifestación, que só se convocará en Santiago de Compostela “con todas as garantías sanitarias”. Recordaron que o ano pasado non puido levarse a cabo. Tamén quixeron anunciar que se fará un recoñecemento das vítimas da pandemia, así como aos profesionais sanitarios que se enfrontaron ao coronavirus dende o primeiro plano.