Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Miguel Ángel Pereira Giráldez | Percusionista de Pelepau

“A pena que temos agora é non poder xuntarnos co público durante as actuacións”

A agrupación de música tradicional viguesa ofrece hoxe un espectáculo a partir das 20:00 horas na Praza da Igrexa de Lalín

Pelepau durante un concerto nas festas da Peregrina en Pontevedra. | // RAFA VÁZQUEZ

Creado no ano 2010 na cidade olívica, o grupo Pelepau está conformadao por dez percusionistas profesionais, entre os que se atopa Miguel Ángel Pereira. O obxectivo principal da formación reside en levar cancións tradicionais e populares galegas ao seu terreo mediante voces e percusións varias. Cun espectáculo versátil e diverso que aposta pola constante interación co público e cunha presenza es escea dinámica, o grupo vigués ofrecerá un concerto hoxe un espectáculo ás 20:00 horas na Praza da Igrexa de Lalín.

–Cales son as orixes de Pelepau?

–Pelepau xurdiu en principio para actuar nunha festa en Beade, o barrio de Vigo onde ensaiamos. e gravamos os discos. Concretamente na casa de Suso Feixón, que tamén é un dos compoñentes da formación. Foi aí onde lle comentaron que podiamos xuntarnos un grupo de amigos e facer unha actuación polas festas de Beade. A partir de entón xa se lanzou todo o proxecto.

–De onde saiu o nome da formación?

–O nome en si é todo xunto, aínda que hai sitios que o poñen separada. É un xogo de palabaras que está presente no grupo, xa que fai mención ás peles e aos paus. É dicir, tanto os tambores como os bombos son feitos de pel e para que soen percutimos con paus, con baquetas, mazas... Xa o nome do grupo fai referencia ao que somos e ao que tocamos.

–Pelepau entón é un grupo centrado na percusión...

–Si. Agora mesmo somos dez membros e baséase todo en percusión tradicional. Ao mellor metemos algún instrumento de percusión africano ou así, pero a maioría son bombos, tambores, pandeiretas, cunchas... Todo instrumentos tradicionais galegos e só percusión. Nalgunha peza incluimos algún acordeón, pero é un grupo de percusión esencialmente.

–En que se basea o seu repertorio?

–Tocamos pezas populares galegas pero co toque Pelepau. Temos a Rianxeira, o Gato, o Sacristán... pero todas elas cos seus arranxos e toques persoais. Case todos os temas teñen amaños de percusión e ata de voces feitos por nós; é dicir, non se van escoitar estas cancións na versión na que as coñece todo o mundo, senón que son cousa da formación. Gustaríanos poñernos ao mellor nun futuro a compoñer algúns temas propios, posto que si que hai moito material para traballar.

–Polo de agora teñen publicados dous álbums, Fío e Agulla e Na beira. Que podemos atopar en cada un deles?

–Ámbolos dous foron grabados en Beade, nos estudios de Suso Feixón. Si é certo que todas as decisións con respecto a eles foron tomadas en consenso co resto do grupo, aínda que ao ser tantos ás veces hai dilemas. Aínda así, adoitan chegar a bo porto, todos opinamos e é todo moi democrático. O primeiro disco si que está máis enfocado en temas moi coñecidos da tradición galega, pero no segundo, algúns temas xa son menos populares, aínda que segue sendo música tradicional. Algunhas cancións foron recollidas, por poñer un exemplo, dun emigrante galego en México que nos ensinou unha peza ou doutra xente.. .Xa non son tan coñecidas como as que atopamos no primeiro álbum.

Quizais este último foi máis pensado e máis traballado. O primeiro tamén tardou, había moito material para meter, pero o segundo xa foi máis escollido, con cousas que queriamos meter realmene aí. Son once temas os que saen nel e, de feito, houbo descartes. Ao final decidimos que quedase así e ben resolto, e aproveitar o demais para un terceiro.

–Algo que quizais chama a atención é o emprego de utensilios propios da vida cotiá nos concertos. A que se debe isto?

–Non é algo propio. Realmente, tanto na tradición galega, como na casa, nas foliadas e demais lugares onde se cantaba e se bailaba música tradicional, utilizábase o que houbese por alí. Se non había pandeireta, había unhas cunchas, un morteiro, cencerros... calquera cousa valía para levar o ritmo. Non é algo que inventásemonos nós, máis ben inspirámonos na tradición. Iso vén das nosas avoas e dos nosos antepasados. De feito, as pandeiretas, as pandeiras e todo iso xorden das peneiras. Ao final está todo moi relacionado.

–Como foi a acollida por parte do público?

–Moi ben. A verdade é que somos un grupo que moitas veces ao rematar os concertos a xente nos comenta: “eu non son nin de música tradicional nin de música folk, pero a verdade é que me encantades”. E pásalle a bastante xente. Moitas veces quedamos sorprendidos, pero ao ser pura forza e pura percusión, o público está a saltar, a bailar, a cantar e a participar case sempre con nós. Somos un grupo que interactúa moito coa xente. Agora é máis complexo pola situación que vivimos. Antes, ao rematar os concertos baixabamos xunto eles e tocabamos e bailabamos co público, no medio deles. Esa proximidade quizais sexa a que leve á xente a que lle guste tanto a agrupación, porque quizais outros artistas son máis distantes, dan o concerto e xa. Nós non temos ningún problema en xuntarnos coa xente. e é a pena que temos agora polo tema do coronavirus, porque a festa remataba impresionante.

–Como foi este ano de pandemia en canto a ensaios e concertos?

–Nos primeiros meses pouco se ensaiou, porque tampouco había concertos. Agora está a cousa un pouco improvisada, xa que dependemos un pouco da situación sanitaria. Tampouco temos queixa porque nos están preguntando por bastantes datas, está Lalín, Poio... temos tamén unha cita moi especial na praza da Quintana en Santiago, pero con outro formato chamado Pelepau sinfónico, onde tocamos cunha banda de música. Ímolo levando como se pode, dentro do que cabe non hai queixa.

Compartir el artículo

stats