Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

Polígono de Botos, 50 anos contaminando o río Asneiro

O río Deza, ao seu paso por Ponte Taboada, o 3 de xullo. // A.P.

O río Deza, ao seu paso por Ponte Taboada, o 3 de xullo. // A.P.

Isto xa non ten nome. Non atopamos no noso vocabulario palabras axeitadas para calificar isto, pero, por que é inexplicable? Hai algunha razón para explicar 50 anos de contaminación do río Asneiro? Desde logo, eu descoñezo esa razón, pero poden propoñerse varias e case ninguén queda ben parado, incluidos os organismos publicos oficiais e as empresas con todas as licencias e permisos habidos e por haber.

O Polígono de Botos leva 50 anos contaminando o río Asneiro e neses 50 anos o único que se fixo para evitar a contaminación do río foi construir unha EDAR netamente ineficiente e co agravante de que se construiu para un polígono con bastante máis densidade industrial ca que ten na actualidade. Polo tanto, se o polígono tivera unha alta densidade de empresas a contaminación sería moitísimo peor.

Os que afirman que os vertidos actuais non causan mortandade na fauna fluvial teñen que ter en conta que o tramo do Asneiro comprendido entre o Polígono Industrial de Botos e a Xunta dos Ríos, duns 12,5 quilómetros de lonxitude, xa está practicamente morto e resulta case imposible que aparezan peixes mortos, porque non os hai. ¿Como vai a habelos se o río xa está ferido de morte desde hai varias décadas?

Estado do Deza, na Carixa, o pasado día 3. // A.P.

Negar que os vertidos do día 3 de xullo de 2021 proceden do parque empresarial de Botos é como decir que se vai a “pintar a Serra do Candán de branco luminoso”. Ata hai poucos anos non había as evidencias coas que contamos na actualidade: fotografías dixitais, grabacións de videos, etc. O último episodio do día 3 de xullo (sábado) produciuse, tendo en conta as grabacións coas que contamos, arredor das 9.30 horas. Aclarémolo.

O gran vertido entrou no río Asneiro ás 9.30 e recorreu os 12,5 Km que hai desde o polígono ata Ponte Taboada, nunhas sete horas, viaxando, río abaixo, a razón de 0,5 metros por segundo, polo que chegou a este punto arredor das 16.30 horas. Desde A Xunta dos Ríos ata a ponte da Carixa hai 17,8 Km. Viaxando á mesma velocidade de 0,5 m/segundo, chegaría a dito punto arredor das 2.30 horas da madrugada do día 4 (domingo).

Recorrido fluvial desde Botos ata A Carixa. // A.P.

En conxunto, a distancia recorrida polo vertido entre o parque empersarial de Botos, no municipio de Lalín, e a praia fluvial da Carixa, no de Vila de Cruces, é de 30,3 Km e a masa líquida contaminante tardou arredor de dezasete horas en completar esa distancia. Hai que ter en conta que a velocidade de 0,5 m/s é aproximada en relacion co caudal medio dese día. A maior caudal, a velocidade sería maior e, a menor caudal, sería menor.

Os efectos da contaminación ao longo do curso fluvial que conforman o Asneiro e o Deza teñen unha duración moito máis prolongada ca o tempo de tránsito por un punto determinado, porque os residuos dos remansos permanecen alí moitas horas. En consecuencia, eses efectos vanse diluindo moi lentamente co paso do tempo.

Todas estas consideracións non son as dun técnico de medio ambiente que ten profundos coñecementos de hidroloxía e dinámica fluvial, senón as dunha persoa que opina con criterio propio, pero sen ese nivel de coñemento.

Compartir el artículo

stats