Co obxectivo de fomentar e promocionar o uso do galego nos diveros ámbitos da vida dos silledenses, o Concello puxo en marcha un proxecto dirixido aos comercios do municipio coincidindo coa tempada de rebaixas de verán. A concelleira de Normalización Lingüística, Ángela Troitiño, sinalaba que “entendemos que o fomento da utilización da lingua galega depende de múltiples axentes que deben traballar cun mesmo obxectivo”. Deste xeito, dende comezos de xullo activouse a campaña ‘rebaixas en galego’, incluida na iniciativa O meu comcercio? En galego!, baseada no deseño, edición e impresión de cartaces informativos para a súa colocación nas vidrieiras durante a época de rebaixas. Tamén se editarán pegatinas co lema Non deixes a lingua na porta, entra! Atendémoste en galego para colocar na entrada dos locais comerciais.

A participación nesta actividade é totalmente de balde para os comercios silledense. Para obter os cartaces e pegatinas haberá que dirixirse ao Departamento de Normalización Lingüística situado no Centro Social de Silleda.