A Consellería de Política Social vén de publicar as contías efectuadas ás corporacións locais durante o ano 2020 en materia de financiamento dos servizos sociais comunitarios. Deste xeito, os concellos do Deza-Tabeirós beneficiáronse dun total de 1.668.290 euros. As axudas de atención á primeira infancia sitúanse aproximadamente nos 19 mil euros, mentres que aquelas dirixidas a atender a persoas valoradas como dependentes ascenden ata os 1,62 millóns. Contemplando tamén a inserción social, destináronse 20 mil euros á axudas municipais de emerxencia social derivada da situación provocada polo coronavirus.