Os contos do Festival Atlántica “toman” mañá e o domingo en Lalín un museo, unha carballeira e unha alvariza. Quico Cadaval actuará na carballeira do Rodo con Autoestradas e corredoiras, mentres que o domingo os monicreques de Larraitz Urruzola estarán no Museo Municipal Ramón Aller do concello dezá. Tamén o domingo, un enxame de historias de Avelino González ocupará a alvariza de Ramón, en Zobra. Todas as funcións son gratuítas e son posibles grazas a Deputación da Coruña, Xunta, Concello de Lalín e a familia de Armón Acevedo.