Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Margarida fernández vázquez nn | Mestra e escritora

“A miña avoa foi a que me transmitiu amor polos contos”

O sábado presenta no Pazo de Liñares o seu primeiro libro “O porco Farruco”

Margarida Fernández Vázquez.

O Pazo de Liñares acolle este sábado, ás 20.00 horas, a presentación do primeiro libro da profesora Margarida Fernández Vázquez, un texto de literatura infantil que leva por título O porco Farruco, publicado por Edicións Fervenza. A autora estará acompañada de Xosé Manuel Baamonde, docente da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo, do profesor e escritor Mario Pereira, e da ilustradora do libro, Sabela Cadarso. O acto contará tamén con acompañamento musical en directo.

–Foi complicado arranxar unha ópera prima de literatura infantil?

–Dende que fun nena e aprendín a escribir sempre me gustou tanto ler como escribir. Fun unha gran lectora na miña vida, aínda que agora non tanto por cuestión de vista. Estes contos xurdiron precisamente nunha baixa que tiven hai vinte anos cando empecei cos problemas de visión, de retina. Foi un tempo no que botaba unha semana ao millor nunha postura determinada sin poder moverme. Imaxínate unha persoa tan activa coma min nesa situación, sentada nun sofá nunha postura específica que me mandara o médico. Neses días na miña cabeciña pasaba por diante toda a miña vida como unha película e de aí foron xurdindo os contos. Non só este, moitos máis. Este é o primeiro que sae publicadopero xa digo que hai moitos máis que naceron nesa época. Desa inmobilidade xurdiron os contos porque o único que podía facer.

–O de escribir para nenos supoño que é consecuencia da súa condición de profesora, non?

–Evidentemente, eu traballo con nenos de Primaria e levei máis de 20 anos a biblioteca do colexio de Vilatuxe e dinamiceina, que é algo do que me sinto moi orgullosa a verdade. Eu herdo este amor polos contos da miña avoa, que dende pequena me contaba moitísimos contos tradicionais. Tamén teño que dicir que sempre me gustou transmitirllos aos nenos, especialmente para que poidan coñecer os contos tradicionais galegos porque se non o fas corren o risco de desaparecer. Eu estou cansada de lerlles contos e contárllelos durante todos estes anos e tiña ganas de contarlles un conto que fora meu e velo ilustrado. De feito, os nenos e nenas do colexio de Vilatuxe xogan un papel moi importante neste proceso.

–Cal é o motivo de que o primeiro libro teña como protagonista o conto de Farruco e non outro?

–O mesmo me preguntou o outro día unha amiga e a verdade é que non sei a razón. Penso que é como un canto ao interior de Galicia, de reivindidar o río e a carballeira frente á costa. Moita xente mira para a costa galega pero aquí tamén temos moita fermosura.

–Non lle apetece adicarse no futuro á novela ou ao teatro?

–Levo escritas moitas obriñas de teatro para os nenos no cole, para os meus alumnos. Eu nunca fun tampouco a unha editorial e fun agora noutra baixa curiosamente porque isto vai de baixa en baixa. Como tiña tempo tamén pensei en achegarme a unha editorial porque xa che digo que levo escribindo desde hai moitos anos, ao longo da miña vida como terapia e como exercicio de creación. Góstame tamén moito a poesía pero paréceme que novela nunca escribiría porque me gostan o conto e a poesía.

–Que lle parece a edición feita por Fervenza do seu primeiro libro?

–Tanto a ilustradora como eu somos novatas nestas lides. E certo que unha vez que o ves feito sempre o mellor cambiarías algo. Penso que iso sempre pasa con todo pero bueno eu estou satisfeita agora mesmo co traballo feito. Xa digo que é o primeiro libro e é fácil pensar que cambiarías moitas cousas pero así está moi ben rematado.

–Supoño que nun libro infantil a ilustración era algo obrigado.

–Por suposto. Para min neste contiño a metade era a ilustración. Penso que Sabela fixo un grande taballo porque os rapaces sempre agradecen que nos seus libros de contos a imaxes ilustren o contido. Ademais, os debuxos facilitan moito a comprensión do texto.

–Traballou de xeito coordinado coa ilustradora Sabela Cadarso?

–A Sabela non a coñezo aínda. Todo esto foi na época da pandemia porque eu dende o momento que levei o contiño á Fervenza, a editorial tardou seis meses en dar sinais de vida que eu xa me esquecera do asunto. Chamáronme para contarme que lle iban a dar para diante co tema do libro e que había que buscar ilustrador para o conto. Aí tamén pasaron varios meses mirando ver quén podería ilustar o libro e unha irmá miña faloume da filla dunha amiga que estaba estudando Ilustración na Coruña. Pasoume o seu teléfono e mandoume un par de debuxiños que ela facía e a min gostáronme sen coñecer a rapaza para nada. Pareceume unha moza moi sensible. E teño que recoñocer que me gosta moito o que fixo porque se adapta perfectamente ao que eu imaxinaba.

–Vai ser moi emotivo o acto da presentación deste sábado nun marco como o Pazo de Liñares?

–É unha ilusión e un soño moi grande. Non sei se emocionarme pero é algo moi bonito para min despois de tantos anos escribindo. Vai a ser un agasallo a miña avoa que xa non vive porque foi a que me trasmitiu o amor polos contos.

Compartir el artículo

stats