A noite máis curta e a diversión máis longa
Centos de familias festexaron San Xoán mantendo as tradicións nunha velada aínda marcada pola pandemia
Redacción
Como era previsible, na xornada de antonte, nas horas previas á noite de San Xoán, aumentaron de xeito moi notable as solicitudes para encender fogatas privadas, con finalmente 38 en Cerdedo, 24 en Agolada ou 3 en Rodeiro, nun concello onde ata mércores non houbera ningunha petición.
O bo tempo animou a moitas familias a xuntarse en torno ao lume, para disfrutar de sardiñas, e por qué non, tamén de churrasco. Tampouco podía faltar a tradición de lavar a cara, xa a primera hora do día 24, coas sete herbas que recomenda a tradición: xesta, fiuncho, fento, herba luisa, romeu, malva e a herba de San Xoán. Hai outra tradición, extendida nalgúns puntos de Deza, que consiste en mover elementos de sitio para sorpresa dos seus donos. En Ourense, a noite de San Xoán é coñecida como a ‘noite das trangalladas’, é dicir, a noite na que se permiten bromas como as que tiveron lugar na Agolada: maceteiros en tellados, na entrada dalgúns locais, unha formigoneira trasladada ao casco urbano ou o coche de Protección Civil tapado por unha lona.
A festa continuou nalgúns puntos na xornada de onte, como no centro comercial Pontiñas. A explanada acolleu unha sardiñada e unha festa para os nenos. Para acudir, era preciso presentar un tíquet de compra, e non estaba maracada unha adquisición mínima.
Na Estrada o número de cacharelas con permiso municipal disparouse este ano, no que el Concello non convocou ningún evento público de conmemoración desta noite máxica. O San Xoán tivo que vivirse en petit comité ou a través das celebracións organizadas, mantendo os protocolos establecidos, por algunhas asociacións. Foi o caso do celebrado no Recreo Cultural, ambientado con música do Obradoiro de Música Tradicional Carlos Barruso e unha fogueira na que pequenos e maiores tentaron queimar as malas enerxías con saltos de alegría.
Suscríbete para seguir leyendo
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- Vigo desvela las fechas de la Fiesta de la Reconquista 2025
- La «maravilla natural» que National Geographic recomienda visitar en 2025 está en Vigo: «Parece sacado de un cuento»
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro