Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vanesa Garcia González | Cantante

“Os John Deeres son un grupo de amigos cos que é fácil sentirse cómoda”

A de Rodeiro converteuse na voz do grupo estradense, cos que traballou para a publicación de “Cinzas” e cos que xa prepara o seu novo directo

Vanesa García González. |

“O grupo funcionou tan ben con ela que tiña que quedar con nós”. Desta maneira anunciaban os John Deeres nas súas redes sociais a incorporación definitiva de Vanesa García. A de Rodeiro participou na gravación de dous dos temas incluídos dentro do último EP da banda de Couso, “Cinzas”, suficiente para que Marcos Alexandre Muíños (bajo), José Carbia “Mustaf” (guitarra), Manuel Reices (teclado) e Xermán Bernárdez (batería) puidesen comprobar que aquelo funcionaba. Vanesa recolle o testigo como vocalista que deixaron Patty Castro ou Ferni, entre outros, e faino loando o gran ambiente que se atopou na formación.

–Fálenos de vostede antes dos John Deeres.

–Son de Rodeiro se sempre de gustou a música. Meu pai foi cantante de orquestra durante máis de vinte anos. Na miña casa a música sempre estivo moi presente. Eu herdei un pouco esa faceta musical. Sen embargo, empecei un pouco tarde. Cando tiña 24 ou 25 anos contestei a un anuncio dun grupo en Santiago e colléronme. Estiben un ano tocando con eles. Despois estiven case un ano tamén cun grupo de Pontevedra. Logo estiven facendo cousiñas. Os grupos sempre hai algunha historia e vanse desfacendo, Intentouse montar algunha cousas pero ao final quedou en nada, solo proxecto que non foron a ningún lado. Agora levaba seis anos sen tocar cun grupo propiamente. Aproveitei para ar clases de baixo con Torroncho. Foron catro anos traballando con el e xuntándoseme con xente para tocar e así ir aprendendo a tocar mellor o baixo.

–Cando e como chegan os John Deeres á súa vida?

–Foi un día nun festival en Portugal. Alí atopeime con Reices, con quen tiña unha coñecida en común. El foi quen me contou que tiñan un grupo, Os John Deeres. Non lle dixen nada de primeiras pero a miña amiga si que lle dixo que eu cantaba. Despois, a raíz de que se foron quedando sen cantantes, primeiro con Fernando e logo con Patty, púxose en contacto comigo e comentoume se quería probar con eles. Alá fun e a verdade é que moi ben. Creo que desde o primeiro momento conxeniamos ben. Gustoume moito a sintonía que hai entre eles, xa non so a nivel musical, senón o ben que se levan. Despois xa me din conta que teñen una relación que ven desde moi lonxe. Vese un grupo de amigos cos que é fácil sentirse cómoda. É moi agradábel estar con eles.

–Logo chegaron dúas cancións para “Cinzas”.

–Si. Foron “Mala herba” e “Rancor”. Despois de probar con eles, quedou un pouco todo no aire, ata que me comentaron que tiñan a idea de sacar un EP e que tiñan un par de temas aos que lle faltaba melodía de voz e letra. Pasáronme as cancións e, como puiden, fun ideando a melodía e dándolle forma á letra. Así saíron estas dúas cancións.

–Gustáballe a súa música ou houbo que adaptarse?

–Os dous discos que teñen gústanme moito e creo que, canto máis os escoito, máis lles vou collendo o gusto. Escoitara falar deles pero nunca escoitara discos esteiros nin os vira en concerto pero gustáronme moito.

“Hai moitas gañas de subir ao escenario”

–Agora o bonito será levar todo isto ao escenario.

–Por suposto. Hai moitísimas gañas de subir ao escenario. Xa levamos un tempo ensaiando e, aínda que faltan por pulir algunhas cousiñas, esperamos xa este verán poder facer algo diante do público, algún concerto.

–Como fixo para encaixarse nas súas cancións?

–Eles déronme total liberdade nese sentido. Incluso me dixeron que podía cambiar as melodías de voz para adaptalas a min. Pero non tiven dificultades porque me viña ben o ton de voz no que viña cantando Fernando. É certo sen embargo que nalgunhas cancións si que teño que baixar un pouquiño. Nalgúns casos costábame chegar aos agudos que ten Fernando. Máis alá de adaptar algúns temas, as melodías fóronme moi ben. Non houbo que cambiar moitas cousas.

–O de preparar novos temas supoño que máis para diante.

Hai cousiñas aí pero si que é certo que estamos bastante máis centrados en ensaiar os temas para poder facer o directo o antes posible.

Compartir el artículo

stats