A biblioteca municipal de Lalín acolleu onte a entrega dos premios do concurso Letras para Asubiar, que convocara a asociación cultural Chorima para conmemorar o Día das Letras Galegas. Así, as gañadoras,Tania Fernández, Valeria Georgiev, María Hermida e Antía Álvarez, aproveitaron para ler as súas composicións que, coas que participaron no certame, formarán parte dunha exposición.