Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Gamer” ou yonki dixital?

Un inquérito realizado a cerca de 200 alumnos do IES Marco do Camballón desvela que só entre 16 deles se gastaron máis de 3.800 euros en videoxogos nos últimos seis meses

No instituto cruceño hai unha exposición de paneis sobre os hábitos dixitais do seu alumnado.

Durante o curso 2020-2021 un grupo de traballo de profesorado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces estivo a desenvolver un proceso de formación baixo o epígrafe “Hábitos saudábeis e comunicación no uso das novas tecnoloxías e redes sociais”. O interesante inquérito realizado na comunidade escolar do centro cruceño destapa unha serie de datos sobre o emprego que fan os rapaces da oferta dixital que teñen de preto. Este grupo de traballo, ademais, elaborour diferentes recursos para as aulas e para as familias, como material para titorías, unha guía para familias de uso saudábel do móbil e o devandito inquérito, que protagoniza unha exposición de paneis nas dependencias do instituto.

O estudo feito no centro a case 200 alumnos visibiliza en resumo compartamentos como que más do 80 por cento dorme co teléfono móbil no cuarto e que unha parte importante dos xóvenes responde que a hora en que se pon a durmir durante os días de clase se sitúa entre as 23.00 e as 1.00 horas. Tamén detéctase neste traballo unha porcentaxe próxima ao 20 por cento que xoga máis de dez horas á semana ou que só entre 16 estudantes do Marco de Camballón se gastaron máis de 3.800 euros en video xogos nos últimos seis meses do curso. Ademais, constátase que as familias non acompañan os adolescentes no uso deste videoxogos e que unha parte importante do alumnado xoga con xogos inapropiados á súa idade, como é o caso do afamado GTA, un xogo deseñado para maiores de 18 anos que máis dun 20 por cento dos estudantes (especialmente os máis novos, según do traballo , con contidos de alta violencia, sexismo e pornografía. Tamén se destaca que máis da metade (57,4%) xoga de unha a tres horas por semana, que hai un 16,2 por cento co fai de seis a dez horas e que máis do 50 por cento nunca xoga con proxenitores.

No grupo de traballo do instituto cruceño saben que non deben demonizar os videoxogos, nin as series ou as redes sociais. De todos os xeitos, os números do estudo tamén se pode comprobar que a maioría dos rapaces dorme dende as 22.00 ás 00.30 horas pero tamén que hai máis que dorme a partires da 1,30 horas que entre as 20.30 ou 21.30 horas. O profesorado do Camballón é consciente dunha realidade tecnolóxica que orixina trastornos no comportamento, no sono e crea hábitos aditivos que inflúen no rendimento académico e na saúde.

Seguindo cos números do proceso de formación do centro cruceño, tamén hai que suliñar que no caso da lingua máis empregada polos estudantes cando xogan, é o castelán, seguido do galego, inglés, xaponés e outros coma portugués, turco ou francés. Tamén se sabe que o medio máis utilizado para xogar é con moita diferenza o teléfono móbil, por diante do PC, Nintendo, PS 4, Wifi, Xbox, PlayStation e outros.

Mención especial para o GTA, un videoxogo que leva anos rachando coas listas de vendas, e que no caso do Camballón o 53,2 por cento asegura non xogalo nunca, aínda que o 10,1 por cento di que o xoga moito. Chama atención que o 87,2 por cento considera que hai compañeiros de instituto enganchados aos videoxogos. Os gráficos deste traballo que xa están expostos nas instalacións do centro levatan moita expectación entre os que se achegan a eles. Os docentes do IES Marco do Camballón aseguran que “continuaremos a traballar para mellorar a formación do noso alumnado, procurando actualizarnos e enfrontarnos aso conflitos da sociedade do século XXI”. Esta iniciativa é unha boa mostra desa intención nun instituto que busca solucionar os seus problemas.

Redes sociais e control parental

Dende o centro escolar cruceño tamén se lembra que na conferencia do experto Antonio Rial Boubeta para profesorado e familias descubriron que un 10 por cento dos estudantes padece trastornos de saúde vinculados aos videoxogos e redes sociais. Este problema está diretamente relacionado coa falta de control das familias. Unha parte do alumnado está a utilizar as redes sociais sen ningún tipo de intervención por parte das familias facilitando o acceso a contidos inapropiados coma o sexismo, violencia ou pornografía, e tamén a hábitos perxudiciais para a saúde, coma a falta de sono e a criazón do “enganche”. O profesorado cruceño é consciente de que este tipo de trastornos está a afectar xa unha parte do seu alumnado.

Dende o Marco do Camballón exploran a importancia das redes sociais para o control ideolóxico dos menores, con contidos que favorecen o pensamento hexemónico: machismo, clasismo, violencia estructural, individualismo, crispación social, através de mecanismos como como as noticias falsas (fake news ou noticias para tontos, en terminoloxía de Ángel Rico) e ferramentas de control social da adolescencia “para apagar o pensamento crítico e proactivo e favorecer actitudes de submisión, pasividade e resignación”. O claustro cruceño insiste na importancia do ensino para a formación do seu alumnado e fomentar o uso responsábel das novas tecnoloxías.

Compartir el artículo

stats