Os actos organizados polo Concello de Silleda co gallo do Día das Letras Galegas chegaron onte ao seu fin. E fixérono cun conto ilustrado no que se repasou a vida e a obra da autora homenaxeada este ano, Xela Arias, da man de Polo Correo do Vento. Os máis cativos puideron gozar do espectáculo nos centros culturais dos dous núcleos urbanos: primeiro, ás cinco da tarde, no Vista Alegre da Bandeira e, hora e media despois, na Casa da Cultura de Silleda. As representacións leváronse a cabo cun estricto cumprimento das normas sanitarias para evitar os contaxios de COVID-19.