A Consellería de Educación autoriza ao Concello de Lalín a proceder á cubrición da pista deportiva, do parque infantil e da entrada do colexio Xesús Golmar. Por outra banda, a xunta de goberno local aproba un gasto de 517,88 euros para acometer os traballos de reparación da caldeira e dun radiador na escola infantil Pontiñas, pertencente á rede de escolas A Galiña Azul.