O Concello de Lalín organiza hoxe a quinta edición do Serán das Letras Galegas. O espectáculo arrancará ás 18.30 horas no Salón Teatro, presentado polo poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín. Están programadas as actuacións dos seguientes grupos: Ailola, Carballeira de Cercio, Ponte da Prata de Botos, Os Dezas de Moneixas, O Carballo da Manteiga e Os Trasnos de Doade. Tamén se entregará o premio anual Pandeira de honra.