A sede da Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño foi esceario da presentación do Libro Catálogo 14º Xuntanzas Escolma. A edición desta obra é un xeito de darlle continuidade ao encontro bianual de creadores que se suspendeu pola situación sanitaria. No acto estivo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, a concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, e membros da fundación que preside Carmen Lareo. A publicación recolle obras de artistas sobraceinros participantes nas xuntanzas.