A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou onte no DOG a relación de concellos beneficiados polas axudas destinadas a entidades locais titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Nunha das liñas, a orientada á adquisición de novidades editoriais en idioma galego en formato físico, ás dúas comarcas chegarán 7.360 euros. Cerdedo-Cotobade percibirá 1.162,75 euros, a mesma contía que Vila de Cruces e Silleda. Pola súa banda, A Estrada terá unha axuda de 1.037,78 euros, ao igual que Lalín.

En canto ás aportacións do goberno autonómico para a mellora de coleccións bibliográficas, os 15.582 euros totais repártense entre os 3.241 que lle corresponden a A Estrada, e outros 3.241 tamén para Lalín. Tanto Silleda como Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade percibirán neste apartado 2.160 euros cada un. Por último, á biblioteca de Rodeiro correspóndenlle 1.620 euros.