O cuarteto de saxofón Eunice Quartet presentouse onte na súa terra colleitando un éxito rotundo. A formación musical dezá sorprendeu no Salón Teatro de Lalín cunha actuación composta por un repertorio moi variado, que incluiu temas que foron dende o Barroco ata finais do século XX con pezas de jazz ou de rocanroldesenfadado.

Foi un concerto académico por parte dun grupo de rapaces que coincidiron no Conservatorio Superior de Música da Coruña, aínda que varios deles xa se coñecían dende fai tempo, e agora forman parte da charanga Ardores de Lalín. Eunice Quartet está formado por Víctor García (saxofón soprano), Diego Agra (saxofón alto), Javier Carballude (saxofón tenor) e Moisés Barreiro (saxofón barítono). O público asistente á cita premioulles cunha ovación pechada ao remate dun concerto para todos os públicos e todos os paladares musicais.