Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Patada á violencia machista

Exposición "Zoquiñas Vermellas"

A dor ten forma de espiral. Unha espiral na que conflúen todas as vítimas de violencia machista. Esas mulleres con nome propio ás que a exposición “Zoquiñas Vermellas”, que se pode ver no IES Laxeiro ao longo desta semana, quere facer unha sentida homenaxe.

Segundo explica a coordinadora de igualdade do centro, Gracia Santorum, esta exposición é obra da Asociación Oleira de Buño. Co obxectivo de honrar a memoria das mulleres asasinadas, deseñaron unha serie de zocas de cor vermello que serven para representar a algunhas das vítimas da violencia machista. Unha mostra representativa que só ensina unha pequena porcentaxe, posto que en España foron asasinadas máis de 1.000 mulleres dende o 2003, ano no que se empezaron a contabilizar os casos.

Denuncia dos feminicidios

Para o deseño desta mostra a Asociación Oleira de Buño baseouse na intervención artística “Zapatos Rojos” da Eline Chauvert. Unha artista mexicana que tiña como principal obxectivo a denuncia dos feminicidios e da violencia que sofren as mulleres de todo o mundo.

“Zoquiñas vermellas” é, por tanto, un berro contra os asasinatos inxustificados e a espiral de violencia que arrasa con tantas vidas. As mesmas ás que, iniciativas coma esta, tratan de rescatalas da espiral.

Compartir el artículo

stats