O estradense Lucas Terceiro achégase cada ano un chisco máis a recoller un dos codiciados premios da Academia Galega do Audiovisual, os Mestre Mateo. Desta volta non puido ser, aínda que a nominación era dobre e compartida. Ao difundir nas súas redes esta instantánea no photocall da gala de entrega dos galardóns, Terceiro lembrou aos tamén estradenses Marga Pazos e Alberto Rey, de Wecom. Sinalou que cada un deles tiña un 33,3% na nominación ao mellor anuncio publicitario. No tocante ao videclip do que Lucas Terceiro é coautor xunto a Ozo Perozo, lembrou a participación da maquilladora estradense Nerea Sánchez, de Paradela.