Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades. Nesta produción de Fantoches Baj deconstrúense algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada. Inacio Vilariño é o autor, director e actor manipulador da obra, dirixida a un público infantil e familiar, que poderá verse hoxe ás 18:30 horas no Museo Ramón Mª Aller de Lalín.