La compañía estradense Bandullo Azul realizou no día de onte os últimos preparativos para a presentación mañá do seu terceiro espectáculo, que leva por título “Mestre ma non troppo”. Será a partir das 18.30 horas cando Fran Campos subirá ao escenario do Teatro Principal baixo a dirección de Fran Ameixeiras. A entrada ten un cos te de tres euros e conta con aforo limitado a só setenta espectadores.