O CPR Plurilingüe María Inmaculada de Silleda abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso do 1 o 22 de marzo. Dende o centro lémbrase que é o único de Deza e Tabeirós-Montes que oferta todas as etapas educativas que incluen a Escola Infantil, Educación Infantil, ESO e Bacharelato nas modalidades de Ciencas e de Humanidades e Ciencias Sociais. Ten xoranda continua para o alumnado da ESO e Bacharelato de 8.30 a 14.00 horas e os mércores pola tarde de 15.00 a 16.40 horas e na Educación Infantil e Educación Primaria o horario é de 9.00 a 14.00 horas. Ademáis o colexio tamén oferta unha ampla gama de actividades extraescolares como balonmán, baile galego, música tradicional, informática, robótica, funny english, estudo dirixido ou patinaxe, todas en horario de 15.30 a 17.30 horas. Tamén contan con servizo de comedor e servizo de madrugadores (apertura ás 8.00 horas) e servizo de permanencia no propio centro ata as 20.00 horas do serán.