Levedar convoca un concurso fotográfico sobre a muller rural
O colectivo feminista quere visibilizar as mulleres anónimas de cara ao 8 de marzo

Levedar, nun acto organizado durante o ano pasado con mulleres do municipio. / Bernabé | Ana Agra

Luisa é a “muller acróbata de Cambre”, Elisa a “muller nitromón”, e Carmen, Lady Falcon. Eran mulleres de distintos puntos rurais de Galicia, anónimas ata que o artista Joseba Muruzábal as inmortalizou en enormes murais que locen en distintas fachadas de localidades polas que pasa a N-550, que enlaza A Coruña e Tui.
Está claro que unha imaxe, ademais de valer máis que mil palabras, concede certa inmortalidade e deixa máis impronta. Por iso dende Cruces, o colectivo Levedar tamén quere seguir a estela de Muruzábal (o seu nome artístico é Yoseba MP) e pón en marcha unha campaña para visibilizar a todas as mulleres rurais do municipio.
O certame está aberto a toda a veciñanza, e consiste en sacarlle unha foto a aquela muller ou mulleres que forman parte da vida cotiá do autor ou autora por cousas tan simples como prepararlle un café, ser a nai, avoa ou mellor amiga... A organización indica que na foto hai que fixar un punto violeta translúcido e escribir as seguintes etiquetas: o nome da persoa fotografiada, #somosvisibeis e #ViladeCrucesFeminista.
Unha vez que a foto teña todos estes detalles, o autor ou autora pode compartila nas redes sociais de Facebook e Instagram. No caso de que se sexa estudante do instituto Marco do Camballón, cabe a posibilidade de etiquetar tamén a biblioteca do centro. Levedar lembra que para participar é necesario contar co permiso da muller fotografada para difundir a súa imaxe.
A proposta está enfocada á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Haberá concurso para escoller as mellores fotografías. A intención é montar con todas as imaxes recibidas un arquivo dixital de mulleres anónimas de Vila de Cruces.”Tan anónimas como importantes”, recalcan dende a organización.
Asemblea aberta
Por outra banda, o colectivo Galegas 8-M organiza esta mañá (ás 11.00 horas) un encontro virtual para preparar as reivindicacións do día 8 en Vila de Cruces. As persoas que desexen participar poden facelo a través da páxina web https://meet.jit.si/Galegas8M_ViladeCruces. Nesta edición, o día 8 reincide no lema “Sen coidados non hai vida”, para destacar a falta de recoñecemento e a precariedade destas labores.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- Ramiro González: «Arramplaron con todo, hasta con los recuerdos»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Octogenarios vigueses, «tirados» en Pontevedra de madrugada por el Imserso: «A esas horas no hay ni trenes ni buses para trasladarse»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Cándido Pardo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Los acusados de boicotear a un hipermercado de Vigo por vender productos israelíes: «Lo volveríamos a hacer»