O PSOE de Lalín propón que o Concello declare o 24 de febreiro como Día de Rosalía, posto que nesa xornada se conmemora o nacemento da escritora que serve de figura do Rexurdimento galego. Piden ademais que o goberno local emprenda e apoie a realización de actividades de promoción da obra desta escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do municipio. Tamén ve a idoneidade de realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello e na que participe tanto o alumnado dos centros educativos como as persoas que destaquen pola súa actividade cultural. Defende, tamén, que se fagan agasallos ao estudantado que propoña actividades culturais en torno a esta literata.