Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ANTONIO CRESPO IGLESIAS | Académico Correspondente Nato da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España

“Os veterinarios podemos aportar moito en canto á prevención de enfermidades por virus ”

“A Academia Galega funciona como unha entidade para emitir informes gratuitos”, asegura

Antonio Crespo. | // JORGE LEAL

Antonio Crespo preside a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia desde 2016, e onte participou nun acto telemático para ingresar, xunto ao presidente da academia extremeña, José Marín Sánchez, como Académico Correspondente Nato da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España. Este veterinario lalinense é, ademais, xefe territorial da Consellería de Medio Rural dende setembro do ano pasado. Leva unha dilatada traxectoria política na Xunta.

–Con qué sensación asume este novo cargo na entidade estatal?

–Para min é unha horan coa que non contaba, a de poder pertencer a unha institución a nivel nacional e colaborar así nunha ciencia, a veterinaria, tan necesaria a día de hoxe. A academia galega leva funcionando tres lustros, nada máis, e estamos intentando consolidala.

–O seu acto de ingreso na academia española foi telemático, debido á situación sanitaria. E na apertura do curso da academia galega, o pasado día 28, abordouse a situación derivada do coronavirus. Precisamente, os veterinarios teñen moito coñecemento que aportar ante unha pandemia, non si?

–Así é, porque a parte máis coñecida da labor veterinaria é a de curar animais, pero estamos tamén en Sanidade Animal, Saúde Pública ou Sanidade. Temos que pensar que o COVID é unha zoonose [son enfermidades que se transmiten directamente entre animais, incluidos os humanos], por iso, unha vez que pasen os apoios das distintas administracións, non estaría de máis que se analicen este tipo de enfermidades, con calma, cos diversos sectores. Temos que pensar que no mundo da gandería hai unha loita constante contra distintas epidemias, que as ADS están levando a cabo diversas estratexias, ou na erradicación de epizootias [é unha enfermidade que ataca, nun momendo dado e nunha rexión concreta, a un gran número de animais]. Todas estas labores son similares ás que hai que aplicar contra calquer tipo de enfermidade. Por iso, os veterinarios podemos aportar moitas estratexias para a prevención de futuros virus.

–A academia que preside vostede leva funcionando desde 2005. Podemos pensar que tardou en poñerse en marcha?

–Non, porque debemos ter en conta que a Facultade de Veterinaria de Lugo comezou a funcionar en 1984, así que non hai tanto tempo. Lembro que na Facultade de León, a maioría dos e das estudantes éramos galegos. E debemos pensar, tamén, que a Academia de Ciencias está integrada por xente con experiencia e solvencia demostrada. No caso galego funciona como unha entidade que serve para emitir informes, e de xeito gratuito. Ademais, esta entidade galega non tén ningún tipo de financiación por parte da administración, e isto igual había que corrixilo.

–Vostede vai representar unha comunidade que é a primera en producción leiteira a nivel estatal e que ademais ten cabana de porcino moi consolidada. Vaise notar a presenza galega na academia española?

–As dúas entidades teñen funcións moi similares. Iso sí, podería haber máis medios dos que temos aquí en Galicia.

Compartir el artículo

stats