O BNG de Lalín insta ao goberno municipal a poñer en marcha unha programación cultura estable “en liña”, que evite que as restriccións derivadas da pandemia acaben afogando o tecido cultural da localidade. O edil do partido, Francisco Vilariño, defendeu a necesidade dunha resposta municipal diante destes impedimentos.

Vilariño aposta por unha programación de actividades, eventos e actuacións que poidan emitirse en formato dixital, como xa se fai noutros concellos galegos. O BNG entende que o auditorio podería albergar a realización destes eventos, o que permitiría a súa “progresiva desvirtualización” conforme melloren as condicións. Engade que o concello dispón tanto de medios técnicos como económicos para difundir esta programación por internet.