O institutos Laxeiro, de Lalín, e Pintor Colmeiro, de Silleda, así como os cruceños colexio de Cerdeiriñas e instituto Marco do Camballón forman parte do listado de 56 centros educativos que se incorporan ao programa Club de Letras, impulsado pola Consellería de Educación.

Cada centro recibirá 1.000 euros para poñer en marcha un proxecto co que se queren mellorar as competencias lingüísticas do alumnado, tanto a nivel oral como escrito, e a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e a lectura crítica. Este curso a temática xita en torno ao coidado das persoas que están nunha situación de vulnerabilidade debido á enfermidade, á pobrexa, a soidade, á violencia de xénero ou pola LGTBIfobia.

As actividades que deseñen os centros teñen que estar fóra do horario lectivo, e o tempo adicado a estas propostas debe ser, polo menos, dunha media de catro horas ao mes desde que comeza a programación ata que finaliza o periodo lectivo do curso. No caso da educación primaria, a iniciativa botará man da escritura creativa, a exploración e a creación artística, fomentando así unha achega lúdica e dinámica. En canto ao alumnado da ESO e Bacharelato, os e as docentes buscarán unha visión transversal das manifestacións literarias e artísticas, abordando perspectivas filosóficas e/ou históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade de fomentar entre os participantes competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.