Raposeiras Editorial naceu durante o confinamento como froito da unión de Wendy Carolina, Carla Areán e Paloma Fernández. A súa primeira propostas foi un libro sobre o Cubismo, no que se mesturan actividades con información. Este libro contou cunha tirada inicial de 200 exemplares, moitos dos cales xa están reservados. O resto poranse á venta. Desde a xove editorial estradense, xa están traballando nun novo libro, neste caso sobre os últimos anos de vida de Van Gogh. Actualmente está en proceso de maquetación. Por outra parte, o próximo día 30 de decembro, Raposeiras Editorial impartirá un curso en Coesco sobre o Cubismo para nenos de sete a doce anos.